Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 22 de decembro de 2017

Agasallos de Nadal a tutiplén para altos cargos da Xunta

Un ano máis chegou o Nadal e como todos os anos soben os mariscos, hai turrón nas tendas, vén o sorteo da lotaría...e tamén chegan os agasallos para os altos cargos da Xunta de Galiza, estes nosos xestores tan necesitados eles dun detalle dos clientes de turno.

Este ano parece que viñeron co ciclón “Ana”, porque veñen con máis forza, máis cantidade e a onde non debían, chegan sobre todo por correos ao departamento de paquetería da Xunta de Galiza e logo precisan que as traballadoras e traballadores públicos os acheguen ao despacho adecuado.

Dende a CIG pedimos a non colaboración das traballadoras e traballadores públicos nestas tarefas, que para nada son o traballo que se debera desempeñar nunha administración que estivera o servizo da cidadanía, unha Administración moderna, rápida e eficaz, como debera ser, e cunha chea de normativa que prohibe ou limita estas prácticas, pero como o papel o aguanta todo, pois eles seguen ao seu.

Se alguén ten algunha dubida sobre este ou outros temas que non teña medo de dirixirse ás delegadas ou delegados ou a calquera servizo de información da CIG.

Dende a CIG desexamos, en estas datas, a todo o persoal traballador público que teña unha felices festas.

Descargar CIG-Informa

Ningún comentario:

Publicar un comentario