Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 20 de decembro de 2017

Publícanse as listas definitivas de substitución para persoal laboral e funcionario de Administración xeral da Xunta de Galiza

O DOG do 20/12/2017 recolle a resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública, epígrafe de «Listas de contratación»; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012; no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

As ditas listas incluirán a seguinte información: Persoas solicitantes admitidas na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006 e persoas solicitantes excluídas con expresión da causa de exclusión.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, para o cal deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, así como a copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario