|
Presentación da tarxeta Kronos |
Dende a implantación do sistema de fichaxe (kronos) na Xunta de Galicia, sabíase que esto (e non podía ser doutra maneria) ía chegar máis tarde ou máis cedo a todos os centros externos aos servizos administrativos centrais; así a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Adminsitrativa está estes días introducindo o sistema de fichaxe nos arquivos, bibliotecas e museos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e O.U.
Antes de nada decir que dende a CIG estamos a favor do control horario de todos os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia (incluído persoal de libre designación), que os centros teñan horarios similares e que as compensacións horarias sexan reguladas, xustas e iguais.
Pero non se pode comezar a casa polo tellado, dende a Administración (e especialmente dende Cultura) deben saber que nos centros culturais o persoal está penado por horarios extraordinarios; polos que por riba de non cobrar un euro vailles traer problemas agora cando se enfrenten a fichar nun sistema que non lles recoñece eses horarios. Así os horarios se excepcionan en que o persoal fai tardes, sábados e domingos coas súas correspondentes libranzas; esto non está recoñecido polo Kronos o que fai que a partir de agora cada traballador teña desviacións horarias que non son reais.