mércores, 10 de xaneiro de 2018

A CIG denuncia á Xunta por negarse a medir o canceríxeno radón nos seus edificios

Estudos científicos relacionan o gas radón co cancro de pulmón.  Algúns estudos cifran no 25% o total de casos de cancro de pulmón detrás dos que se atopa este gas. A emisión deste gas é especialmente alta no noso país e na nosa comarca de Compostela. Resulta moi perigoso en sotos, semisotosm baixos e outras zonas pouco ventiladas.

A CIG expuxo en reiteradas ocasións no respectivo comité de seguridade e saúde laboral  a queixa e inquietude do persoal público polos niveis de gas radón nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Servizos Centrais, sobre todo nos sotos destes, onde normalmente se traballa en xornada ordinaria. Pediuse que se mediran os niveis de este gas, xa que Santiago de Compostela é unha zona de alto risco pola morfoloxía do seu chan. 

En concreto, na acta 2015/12 do referido comité falouse da IS-33 e a CIG achegou un informe técnico da Universidade de Santiago de Compostela, todo isto cun resultado negativo por parte da empresa (e da Mútua) para facer as correspondentes medicións. Cómpre destacar que o custo destas medicións, que realiza a propia Universidade oscilan entre 80 € e 230€, cantidade pola que está poñendo en risco a Xunta a saúde do seu persoal.

Tamén temos coñecemento de que no Consello Galego de Relacións Laborais, organismo que depende da Xunta de Galicia e ten as oficinas en Santiago de Compostela, fixose unha medición de gas Radon e tiveron que facer obras de mellora e de evacuación do gas, polos altísimos  niveis de concentración.

Insistimos que se esta incumprindo toda a normativa sobre esta materia, a sabiendas, dende as Directivas da Comunidade Europea, ata as normas básicas ditadas por a propia Xunta de Galiza, sobre este gas.

Así pois, desde a CIG presentamos unha denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social da Coruña para que obrigue a Xunta a facer unhas medicións que xa debera facer por si mesma ou a instancia do persoal e delegados/as de prevención que estamos a denunciar este tema, así como unha vez medido, fagan as obras necesarias, si for preciso, para adecuar os espazos de traballo a normativa vixente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario