Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 10 de abril de 2018

Unha sentenza do TSXG obriga a Xunta a cambiar o seu proceder nas comisións de servizo

A sentenza 87/2018, de 28 de febreiro, recolle que nas comisións de servizo non basta só con que a persoa adxudicataria cumpra os requisitos de idoneidade, senón que, cando sexan varias as persoas solicitantes, é necesario que se exterioricen as razóns polas que se elixe a unha das persoas peticionarias e se lles notifique a todas elas a decisión final para darlle posibilidade de impugnación.

De acordo con esta esixencia de exteriorización das razóns concretas da concesión, e de acordo tamén co principio de transparencia que se cita na dita sentenza, esiximos da Administración autonómica que publique as listaxes de comisións de servizo por cada posto ao igual que se publican as resolucións do concurso.

Do mesmo xeito, as comisións de servizo deixaron de ser un procedemento extraordinario para converterse, en ausencia de convocatorias de concursos de traslados, no procedemento ordinario de provisión. Así pois, esiximos a volta inmediata á negociación das bases dos concursos de traslados permanentes e a súa posta en marcha este ano. Para acabar coa dita inxustiza, de xeito transitorio demandamos, alomenos a posta en marcha das comisións de servizo por conciliación e que sexan adxudicadas por criterios obxectivos, tal e como dispón o persoal docente.


Os principios de igualdade, mérito e capacidade rixen en materia de provisión; deber de motivación da decisión adoptada. 

O que fai a última sentenza do TSXG sobre as comisións de servizo é repasar a sorprendentemente ampla doutrina do Tribunal Constitucional sobre o tema e cita textualmente parte da ultima sentenza do TC 131/2017, do 13 de novembro. Neste caso recoñécese que os principios de igualdade, mérito e capacidade teñen que operar tamén nos procesos de provisión (e non só no acceso) se ben contempla unha "modulación da intensidade" sendo lexítima a consideración deoutros valores ou fins constitucionalmente lícitos.

Concecuencia do anterior, e recoñecendo o TSXG a comisión de servizos como procedemento extraordinario de provisión, asegura que non basta só con que a persoa adxudicataria cumpra os requisitos de idoneidade, senón que, cando sexa varias as persoas solicitantes, é necesario que se exterioricen as razóns polas que se elixe a unha das persoas peticionarias e se lles notifique a todas elas a decisión final para darlle posibilidade de impugnación.

A pesar de que a Administración ten liberdade de elexir á persoa candidata idónea, iso non exime nunca do deber de motivación xa que é a Lei 39/2015 a que recoñece a especial necesidade de motivar estes actos discrecionais.

De interese tamén resulta a sentenza do TS de 3 de novembro de 2015 onde indica que os principios de transparencia e boa administración esixen que as autoridades administrativas motiven as súas decisións e que acrediten que se adoptan con obxectividade e de xeito congruente coa finalidade de interese público.

O TSXG recórdalle á xunta que non basta para a correcta motivación do acto a mera invocación da potestade discrecional de autorganización e a urxencia para a cobertura do posto, senón que ten que motivar o caso concreto en función dos méritos alegados.

Anteriormente houbera outra sentenza do TSXG de 16 de decembro de 2015 onde tamén lle metían un tirón de orellas á Xunta pola renovación na mesma persoa dunha comisión de servizos desde 2008 sen ningún tipo de motivación concreta.  O caso anterior,  cita o tribunal, pode supoñer responsabilidades disciplinarias e mesmo penais se quenes propician tan anómala situación más alá da duración máxima e que encerra unha prolongación ilexitima de funcións a sabiendas da súa irregularidade. A raíz desta sentenza comezaron a florecer as chamadas "comisións cruzadas", un sistema máis elaborado da mesma ilegalidade.

Recórdalle que se a Administración desexaba acudir a este mecanismo excepcional e que fora adxudicado á mesma persoa podía e debía encarecer e robustecer e singularizar a motivación na vertente obxectiva e subxectiva.

O TSXG impón un máximo de 1.000€ en costas á Xunta. E todo pola cabezonería de non motivar adecuadamente un acto discrecional, algo que calquera persoa que prepare unha oposición sabe que se debe facer. Poden escoller a quen lles dea a gana, si, pero que fagan a motivación singularizada, llo comuniquen ás persoas interesadas e fagan transparente a adxudicación. En resumo, que cumpran a lei e acaten as sentenzas, cousa que ao partido que sostén ao Goberno tanto lle gusta presumir.

Descargar sentenza

Ningún comentario:

Publicar un comentario