Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 28 de febreiro de 2019

Comunicado de apoio da Xunta de Persoal de SSCC á folga do 8 de marzo

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais elaborou un comunicado de apoio a todos os actos que se convoquen na xornada de folga do 8 de marzo e convoca a todas as traballadoras e traballadores de servziso centrais a participar neles. O dito comunicado foi aprobado na Comisión permanente do 22 de febreiro.

COMUNICADO DA XUNTA DE PERSOAL DE SSCC DE APOIO Á FOLGA DE MULLERES DO DÍA 8 DE MARZO.

A Xunta de Persoal de Servizos Centrais manifesta o seu apoio á folga do vindeiro 8 de Marzo, como solidariedade na loita pola igualdade de dereitos e oportunidades e en contra das agresións machistas.

Resumo da Comisión de Persoal 26/02/2019

Barreiro presentando o enésimo cronograma
O martes 26 tivo lugar unha Comisión de Persoal na que se aprobaron as convocatorias de varios procesos selectivos, a modificación da RPT do ISSGA e a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. 

Tamén houbo información interesante ao final sobre a posta en marcha da carreira profesional, a OEP 2019 e as vindeiras convocatorias de procesos selectivos.

Carreira profesional: persoal excluído por ausencia de formación

Na Xunta, máis que carreira é unha maratón
O persoal que por antigüidade accedería ao sistema extraordinario de carreira profesional pero non cumpre o requisito de ter 40 horas de formación, está a recibir aviso das xefaturas territoriais para que aporten a documentación que poida emendar a súa exclusión do acceso ao grao I anticipado.

Temos información de que só en Educación estarían excluídas 73 persoas en Pontevedra e 115 na Coruña. Pero sen poder contabilizalo sabemos de moitos casos en todas as consellarías e ámbitos territoriais.

luns, 25 de febreiro de 2019

Oposicións, RPTs e outras informacións do 18 a 22 de febreiro

Semana completa a do 18 a 22 de febreiro, con xuntanzas coa Administración todos os días. Tratáronse modificacións de tres RPTs, convocatorias de seis procesos selectivos, o réxime de prestación do persoal veterinario da consellería do Mar, comisión de seguimento do consorcio, procedemento da formación en igualdade e violencia de xénero, importe de niveis de complemento específico e plan de formación do SPDCIF.

A estratexia da Administración está clara: pasar de períodos de nula actividade a outros de sobreexcitación de xeito que aos sindicatos nos resulte imposíbel procesar e difundir a información.

luns, 18 de febreiro de 2019

A EGAP convoca o Plan de autoformación con 42 propostas

  • O prazo para presentarse ás probas de autoavaliación remata o 18 de marzo.
  • O acceso aos contidos estará aberto até o 20 de decembro

Os cursos organizados no marco deste Plan diríxense a todo o persoal empregado público de Galicia e están relacionados coas seguintes áreas temáticas: Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa; comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades; Plan formativo ofimático; réxime xurídico e actividade financeira das Administracións públicas, e políticas públicas e procedementos comunitarios da Unión Europea. O obxectivo é ofrecerlles a opción de adquirir coñecementos dun xeito máis independente.

Eleccións de persoal funcionario en Servizos Centrais: censos provisionais

Dende hai uns días xa están nos taboleiros de anuncios os censos provisionais do persoal funcionario que poderá exercer o dereito ao voto nas vindeiras eleccións do 11 de abril.

Facemos un chamamento a que revises os teus datos e xa adiantar que hai problemas cos departamentos que van votar na mesa itinerante (mal recollido por exemplo o persoal de Cultura do Gaias).

Podes enviarnos as túas alegacións tanto fisicamente ao local sindical como ao enderezo cig.sscc@gmail.com ou dilixencialas persoalmente ante a Dirección Xeral de Función Pública. Tes de prazo até o 28 de febreiro.

A nivel provisional temos esta organización de mesas:

mércores, 13 de febreiro de 2019

Publicado no DOG o plan formativo ofimático e a oferta formativa en idiomas para persoal empregado público

No DOG do 12 de febreiro foron publicadas as accións formativas da  EGAP dirixidas a persoal empregado público, tanto de ofimática como de idiomas. O prazo de matrícula remata o 20 de febreiro. Como sempre a través da zona de matrícula da EGAP.

As accións van dirixidas a persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

martes, 12 de febreiro de 2019

Información de Función Pública e resumo da Comisión de Persoal do 12/02/19

O martes 12 de febreiro asistimos a unha Comisión de Persoal na que se trataron os seguintes asuntos: concurso de traslados de gardacostas, proceso selectivo A1-escala superior estatísticos, modificación do decreto de listas, etc.

A maiores, en “rogos e preguntas” tratáronse outros asuntos de interese (concursos de traslados, procesos selectivos varios, etc).

luns, 11 de febreiro de 2019

Milleiros de persoas toman as rúas de Compostela para defender a sanidade pública

Miles de persoas chegadas de toda Galiza tomaron este domingo as rúas de Compostela para denunciar as consecuencias dos recortes na sanidade pública galega e a súa progresiva privatización. Canda elas mobilizáronse tamén as traballadoras e traballadores do sector de ambulancias, en folga desde o pasado xoves. Miles de voces que, nunha Quintana ateigada, apuparon o presidente da Xunta porque “co lío que hai aquí, Feijóo está en Madrid”.

A EGAP convoca as actividades de formación continua do primeiro semestre deste ano

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá remata o 15 de febreiro.

O DOG do 6 de febreiro recolle a resolución da Escola Galega de Administración Pública coa relación dos 178 cursos dirixidos a persoal empregado público.

Poderán inscribirse neste plan de formación o persoal público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria e para cada un dos casos no anexo II da resolución adxunta.

Abre o prazo para solicitar o recoñecemento médico anual

O prazo de inscrición finaliza o 6 de marzo.

No DOG do 4 de febreiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos. A campaña de vixilancia da saúde está dirixida a todos/as os/as traballadores/as da Xunta de Galicia, agás ao persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións. O martes 5 de febreiro comeza o período de inscrición.

xoves, 7 de febreiro de 2019

Gran Manifestación o domingo 10 de febreiro en Compostela: PARA DEFENDER A ‘NOSA’ SANIDADE PÚBLICA

A manifestación sairá do parque da Alameda de Compostela ás 12:00h
Parece que hai unha rebelión na sanidade. POIS SI, si hai. Motivos:
– recortes
– precariedade
– problemas de accesibilidade a probas diagnósticas
– sobrecarga crónica
– perda da dirección autónoma de atención primaria
– perda de financiamento

FALTA DE TEMPO PARA ATENDER AOS PACIENTES

Folga PAC, Folga Urxencias CHUS, dimisión xefaturas de atención primaria, paros semanais nos centros de saúde, folta de ambulancias,…

mércores, 6 de febreiro de 2019

Carreira profesional: boletín informativo

Xa o decíamos nas asembleas, nas visitas aos centros de traballo e neste boletín: a carreira profesional na Xunta non é unha carreira, é un maratón.

Poñemos a túa diposición en formato electrónico o noso boletín especial "carreira profesional"; un boletín didáctico no que explicamos o máis detallado posible o que hai na carreira profesional que figura no acordo de concertación social da Xunta.

Tratamos de explicar o que se pode o detalle do que hai no acordo, bastante confuso, porque a parte da carreira profesional son 7 páxinas dun total de 27 cando no Sergas por exemplo adican tan só 39 a toda a carreira profesional. Aquí queda todo aberto á interpretación da famosa comisión de seguimento e ás disposicións orzamentarias. Por non falar dos agravios na súa posta en marcha que nos volven poñer no vagón de cola do persoal público da Xunta de Galiza. Na última páxina xustificamos a nosa postura.

Acordo de concertación: boletín informativo

http://autonomica.cigadmon.gal/w2/inicio/descargas/send/3-boletins/404-acordo-de-concertacion-boletin-do-29-01-2019
Poñemos a túa disposición un boletín informativo sobre o Acordo de concertación do emprego público de Galiza, no que facemos un repaso dos aspectos positivos e negativos deste texto que vai ter un importante impacto sobre o persoal ao servizo da Administración Autonómica.

Entre outros asuntos, falamos: da carreira profesional, retribucións, mellora de emprego e das condicións de traballo, a funcionarización do persoal laboral, as ofertas de emprego, ..

Se despois de lelo tes dúbidas, podes contactar coa CIG.

A CIG disposta a mellorar unha carreira profesional, insuficiente, inxusta e discriminatoria, solicita renegociala

A carreira profesional na Xunta

As liñas fundamentais serían o carácter universal, incluíndo a todas as persoas empregadas públicas no sistema extraordinario, e a redución dos períodos para cobrar o 100% en dous anos nos graos I e II como no SERGAS.

Para isto a CIG presentou un escrito este o día 24 de xaneiro non que solicita que se convoque a Mesa Xeral de Negociación, xa que o acordo foi votado na Comisión de Persoal e posteriormente foron alterados os contidos ás agachadas, tendo como resultado que o que se asinou non é o que se votou, e que isto privou á CIG do dereito de negociación.