Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 11 de febreiro de 2019

A EGAP convoca as actividades de formación continua do primeiro semestre deste ano

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá remata o 15 de febreiro.

O DOG do 6 de febreiro recolle a resolución da Escola Galega de Administración Pública coa relación dos 178 cursos dirixidos a persoal empregado público.

Poderán inscribirse neste plan de formación o persoal público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria e para cada un dos casos no anexo II da resolución adxunta.

Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, bombeiros e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas a empregados/as públicos/as pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe “Destinatario” da actividade formativa.
Prazo e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 7 ao 15 de febreiro. Só poderá realizarse mediante o formulario de matrícula telemática da EGAP desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo ata as 23.55 horas da data de finalización.

O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta fase limítase a cinco.

A resolución inclúe información sobre a presentación da documentación, os criterios de selección, a realización de probas etc., así como a listaxe dos cursos ofertados cos seus datos de prazas, duración, destinatarios/as, modalidade, datas e horarios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario