luns, 11 de febreiro de 2019

Abre o prazo para solicitar o recoñecemento médico anual

O prazo de inscrición finaliza o 6 de marzo.

No DOG do 4 de febreiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos. A campaña de vixilancia da saúde está dirixida a todos/as os/as traballadores/as da Xunta de Galicia, agás ao persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións. O martes 5 de febreiro comeza o período de inscrición.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web www.xunta.gal/riscos. Lembre que deberá incluír todos os datos que figuren no formulario, xa que a falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude. Rematada a inscrición, obterá un xustificante de consentimento que deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

O prazo de inscrición finaliza o 6 de marzo, agás para o persoal de nova incorporación, o que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario