Mentres o Presidente da Xunta xa anunciou a OEP 2025 no Parlamento o luns 17 de novembro, a directora xeral de Emprego Público (DXEP) convoca unha Mesa para a semana seguinte sen os anexos das prazas
A CIG-Autonómica denunciamos que a directora xeral de Emprego Público pretende levar á Mesa Xeral de Persoal Empregado Público do luns 24 un borrador de Oferta de Emprego Público (OEP) para 2025 sen remitir nin un só anexo coa relación detallada das prazas, malia o correo enviado por esta organización solicitando esa información básica para poder negociar. A situación é grave despois de sabermos pola prensa —e non pola Xunta— que o presidente Alfonso Rueda anunciou no Parlamento 700 prazas de acceso libre e 300 de promoción interna. Este proceder desvirtúa completamente a Mesa Xeral, converténdoa nun trámite baleiro no que nada se decide porque todo chega xa pactado e pechado.
Sen anexos e cun borrador cheo de eivas
Como xa é costume, a DXEP convoca unha negociación sen datos fundamentais, pois só contamos co borrador do decreto da OEP 2025 sen os anexos cos números de prazas. Da súa análise inicial destacan estes aspectos:
- Obrigan o persoal que acceda por promoción interna a permanecer no mesmo posto, sempre que este figure aberto ao novo corpo ou escala. Se o posto non está aberto, haberá que escoller destino.
- Anexo II (PI separada): a forma de acceso será concurso-oposición.
- Anexo I (acceso libre): non se indica a forma de acceso.
- Mantense a fraude do grupo B transformado en C1, sen avanzar na ordenación profesional.
- Exclúense as escalas sanitarias da Lei 17, como xa ocorreu en anos anteriores (Sanidade irá por libre, publicando a súa propia OEP).
- Composición paritaria dos tribunais no conxunto da OEP, non en cada tribunal: medida simbólica pero con pouca repercusión real. O que se necesita é o informe de impacto de xénero previo.
A Xunta repite as eivas habituais e evidencia a mesma falta de vontade negociadora: oferta insuficiente, atrasos perpetuos e dependencia crecente das externalizacións.
O atraso estrutural: catro anos de demora e milleiros de vacantes acumuladas
