Achéganos a Axencia Turismo de Galiza a proposta da súa RPT no referente á antiga Secretaría Xeral para o Turismo e dos Servizos Provincias de Turismo. Xa en novembro do 2013 publicaran a RPT dos postos de LD e de Persoal Directivo pero faltaban o resto.
Esta axencia creouse por Decreto en outubro de 2012 aínda que non foi ata febreiro do 2013 cando entrou oficialmente en funcionamento. Esta axencia agrupa tanto tamén varios chiringuitos aínda que nesta proposta non ten carácter exhaustivo en tanto non se produza o procedemento de integración do seu persoal, como recolle a memoria funcional.
Dan de prazo ata o 13 h. do 21 de abril de 2015 para achegar as observacións pertinentes. Unha vez recibidas as alegacións, terá lugar a convocatoria dunha reunión coas organización sindicais ao obxecto de debatir a proposta de modificación da RPT que será remitida á Dirección Xeral da Función Pública para a súa tramitación.
