Saca primeiro a viga do teu ollo e entón verás con claridade para poder sacar a palla do ollo do teu imán (Lucas 6, 41-42).
A última reforma lexislativa anunciada do PP para combater a corrupción é a reforma do Consello de Contas en varios frontes: independencia e dotación do seu persoal, aumento da súa capacidade fiscalizadora e apertura á denuncia cidadán. Así o recollía onte a prensa.
A última reforma lexislativa anunciada do PP para combater a corrupción é a reforma do Consello de Contas en varios frontes: independencia e dotación do seu persoal, aumento da súa capacidade fiscalizadora e apertura á denuncia cidadán. Así o recollía onte a prensa.
Está ben o de aumentar as competencias e o persoal do órgano fiscalizador das Contas públicas; tamén o de abrilo á denuncia pública aínda que isto ao final teña o mesmo percorrido cunha ILP no Parlamento. Porén, queremos recordarlle a Pedro Puy (que lle tocou vender o texto lexislativo) que a corrupción non hai que fiscalizala senón previla e condeala con dureza e no seu partido de corrupción teñen experiencia, co cal ista lección deberían tela ben aprendida. Quizáis porque a teñen ben aprendida, que non queren poñerlle auténtico remedio a esta lacra polos únicos frontes eficaces: maior independencia política e maior dotación do persoal que traballa nas Administracións e maior independencia política e dotación de persoal do Poder Xudicial (o que sempre se di de deixar que os xuíces actúen libremente).
Imos deternos na primeira porque é a que nos afecta coma traballadoras e traballadores públicos da Xunta de Galiza. Non se pode agardar a que a ilegalidade xa esté cometida para detectala, hai que previla e a mellor forma para previla é ter traballadoras e traballadores públicos profesionais e independentes nas Administracións públicas. Ou sexa, menos dedismos, menos enchufes, menos asistencias técnicas, menos tribunais de selección de designación política, menos tráfico coas comisións de servizo, unha avaliación do rendemento por criterios obxectivos (non por informe do xefe nomeado a dedazo político)... ou sexa, unha Administración con menos control político onde o que prime sexa o cumprimento da legalidade e non son os intereses privados e de partido (mesmo fóra da legalidade que é no que constitúe a corrupción). Todo o contrario do que van facer coa nova Lei de Emprego Público de Galiza.
Por suposto, que o que debería primar, desde o punto de vista da prestación dos Servizos Públicos son os intereses da maioría social pero somos conscientes de que moitos textos lexislativos (cousas das maiorías absolutas) xa non se fan para os intereses da maioría social senón dunha minoría moi determinada, como pasa precisamente con esta nova Lei de Emprego Público que sirve máis os intereses privados que os públicos.
En calquera caso, a reflexión última é que a hipocresía que manifesta o PP coa corrupción non ten límite: ir en solitario de defensores da transparencia e na loita contra a corrupción!? Despois de todo o que coñecemos (e quedará por coñecer) !? Imos poñer un simil que entendan ben: saca primeiro a viga do teu ollo e entón verás con claridade para poder sacar a palla do ollo do teu imán (Lucas 6, 41-42).
Ningún comentario:
Publicar un comentario