Na nómina de xullo pagarán o 1%. Na nómina de agosto irán os trienios do Consorcio de Igualdade e Benestar.
O mesmo día que se publica no DOG a Lei 3/2017 de modificación da Lei de Orzamentos galegos, o director xeral de Función Pública informou aos sindicatos nunha xuntanza que tivemos o venres 14, que:
- Na nómina de xullo irán os atrasos polo incremento do 1%, así como a corrección de erros nos trienios de determinado persoal.
- Na nómina de agosto incluirán os atrasos polos trienios do persoal do Consorcio de Igualdade e Benestar, tras rematar o recoñecemento dos servizos prestados.





