Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 6 de xullo de 2017

Bases de procesos selectivos persoal laboral promoción interna. Xuntanza do 3/6/2017

O luns, 3 de xullo, tivo lugar unha reunión con Función Pública para tratarmos os borradores das convocatorias de procesos de promoción interna de persoal laboral derivados da OPE do 2016. Os puntos principais xiraron ao redor dos: temarios, probas físicas, servizos prestados, cursos, puntuación da fase do concurso e o exercicio de galego.

Temos esta semana se queremos enviar algo novo. A subdirectora de Función Pública tentará enviar un novo borrador antes do venres 7. Prevén levalo a Mesa Xeral en 10 días.

A publicación das bases quedaría para setembro. Para o persoal de incendios, o primeiro exercicio non sería antes do 1 de decembro (podería quedar para xaneiro). En todo caso non sería durante a campaña de lumes.

Temarios: As alegacións que fixemos, a CIG e outros sindicatos, aos temarios, enviáronos ás consellerías para a súa revisión e posíbel modificación da proposta inicial.

Probas físicas: nos procesos de incendios a CIG insiste na súa necesidade antes de enviar unha persoa ao lume co risco que iso supón para o traballador e seus compañeiros. Os outros sindicatos din que cunha proba médica sería suficiente e que a proba do banco non é adecuada. A CIG está disposta a falar doutra proba física, pero ten que haber algunha. En todo caso queremos que publiquen os parámetros para superala e no caso da proba visual indicar tamén en que consiste a proba. Función Pública parece que opta por que se manteña a proba física, pero estaría disposta a escoitar alternativas ao banco.

Servizos prestados: modifican este mérito de xeito que computará calquera servizo prestado en calquera administración, tanto como funcionario como laboral.

Cursos: reducen as horas de cada curso de 20 a 12 horas. Aumentan a caducidade dos cursos de 5 a 10. Manteñen os organismos válidos, pero van revisalo (FEGAS da cursos relacionados con auxiliares de clínica, e a Academia de Seguridade con incendios). Todos os sindicatos defendemos que os cursos non caduquen.

Van aumentar a puntuación máxima da fase de concurso. Está por ver como farían ese incremento.

Exercicio de galego: van publicar de oficio quen estarían exentos da súa realización por constarlle á administración o nivel de galego.


Ningún comentario:

Publicar un comentario