Estudos científicos relacionan o gas radón co cancro de pulmón. Algúns estudos cifran no 25% o total de casos de cancro de pulmón detrás dos que se atopa este gas. A emisión deste gas é especialmente alta no noso país e na nosa comarca de Compostela. Resulta moi perigoso en sotos, semisotosm baixos e outras zonas pouco ventiladas.
A CIG expuxo en reiteradas ocasións no respectivo comité de seguridade e saúde laboral a queixa e inquietude do persoal público polos niveis de gas radón nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Servizos Centrais, sobre todo nos sotos destes, onde normalmente se traballa en xornada ordinaria. Pediuse que se mediran os niveis de este gas, xa que Santiago de Compostela é unha zona de alto risco pola morfoloxía do seu chan.



