Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 6 de marzo de 2018

8 de marzo: paros, mobilizacións en Compostela e resposta a preguntas frecuentes sobre o dereito de folga

Dende a CIG Autonómica na comarca de Compostela facemos un chamamento a participación na folga de mulleres que terá lugar o 8 de marzo, no marco dunha xornada internacional de folga, paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia.

Está convocada xornada de folga de 24h e tamén paros de 2h en cada quenda de traballo, opción pola que se decanta a CIG, completada con mobilizacións diante dos principais centros de traballo ou puntos neurálxicos (ver cartaz).

luns, 5 de marzo de 2018

Reunión do Comité Intercentros coa Consellaría de Politica Social

O día 28 de febreiro e logo de varias solicitudes, representantes do Comité Intercentros mantiveron unha xuntanza coa Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Política Social na que se lle expuxeron as seguintes cuestións: carteleiras de traballo, problemas nos centros con traballadores/as non aptos, discriminación persoal a quendas, descanso domingos e festivos, conciliación familiar,  descontos por IT, entre outras.


venres, 2 de marzo de 2018

Adaptación ao EBEP do grupo E: reclamación por inactividade da Administración

O Estatuto Básico do Empregado Publico, introducía, xa hai máis de 10 anos, unha nova estrutura de grupos de clasificación para os corpos e escalas de funcionarios. En lugar dos cinco grupos existentes, a nova estrutura introducía dentro dos grupos (A e C) dous subgrupos en cada un (subgrupos A1 e A2 e subgrupos C1 e C2). E deixaba foga o antigo grupo E onde estaba encadrado, no caso da Comunidade Autónoma de Galiza o corpo subalterno da Administración xeral da Xunta de Galiza.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 26: Traballadores/as de plataformas "en liña"

http://www.cigsaudelaboral.org/files/documentos/Boletin%20CIG%20Saude%20Laboral%20N%C2%BA%2026.%20Version%20galego.pdf
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 26 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou na imaxe da portada. Este Boletín está editado polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral  da CIG e únicamente se publica en formato dixital.

Neste número atoparás:
  • Entrevista a Fran Cartelle, novo secretario confederal de Saúde Laboral da CIG
  • Protección das traballadoras e traballadores das plataformas en liña
  • Acoso psicolóxico no traballo ou mobbing
  • Novo proxecto de RD sobre control e recuperación de fontes radiactivas orfas
  • Síntese de actividade no 2017 do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral
Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí.

RPTs: a cara de formigón armado do director da Función Pública

Que este director xeral ten a cara de formigón armado sabeno ben as compañeiras e compañeiros de Xustiza que lles foi dicir que se querían cobran o que cobraban noutras comunidaes autónomas que concursarán para elas... semella que ao PP o único agravio salarial que lles conmove é o da Policía e a Garda Civil pero o resto de persoal funcionario impórtalle un pemento.

Seica o director xeral de Función Pública volveu amosar o seu talante nun informe que lle remitiu á Valedora do Pobo dicindo que todas as RPTs que saen da súa cociña que están fetén que para eso están os sindicatos. Literalmente: "na instrucción dun expediente de RPT interveñen moitos departamentos e órganos, dos que forman parte tamén os representantes sindicais, que valoran e garanten ademáis da legalidade procedimental, o correcto proceder das propostas realizadas"

xoves, 1 de marzo de 2018

Resumo da Comisión de Persoal do 28/02/2018: convocatorias de procesos selectivos e os idus de marzo


O 28 de febreiro tivo lugar unha longa comisión de persoal onde quedaron aprobadas diferentes convocatorias de procesos selectivos pendentes. Para a súa aprobación non é preciso os votos das organizacións sindicais xa que a Administración ten maioría absoluta no dito órgano, máis achegamos o sentido do voto con carácter informativo. 

Tamén se abordaron moitos temas no apartado de varios: outros procesos selectivos, concursos, plan de estabilidade... que se "en marzo", que "en breve", que se "estamos traballando niso", "a ver si", "estudarán", "mirarán"... e a leria de sempre da que xa coñecemos o resultado final de durmir os asuntos. Por certo, a publicación no DOG de todas estas convocatorias será tamén en marzo; desta volta, crémoslle pois se cumpre a data límite para que non caduquen algún dos procesos por facer xa 3 anos desde a publicación da oferta de emprego público correspondente; lamentábel.

A gran mentira dun plan de estabilización inexistente

Os sindicatos do goberno (CSIF, UGT e CC.OO) volven a vender ás empregadas e empregados públicos, desta volta prometendo un plan de estabilización que nin é plan nin é nada. A CIG NON ESTÁ disposta a participar neste xogo que segue a destruír emprego fixo e non garante os dereitos do persoal que levamos anos traballando de forma precaria.
DENDE A CIG NON ASINAMOS O MAL CHAMADO “ACORDO DE ESTABILIDADE”

1º.- Non recupera a reposición de efectivos ao 100% nin a posibilidade de creación de emprego que foi destruído neste anos, e dicir, non se recuperan as prazas amortizadas.

2º.- Non inclúe a recuperación do poder adquisitivo, a derrogación da Lei de medidas e o dereito ao descanso coa compensación por traballar os domingos e festivos.