Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 27 de maio de 2019

A CIG esixe responsabilidades á Consellaría de Industria pola non medición do gas Radón en San Caetano

No enésimo capítulo do tema do radón nos edificios da Xunta de Compostela, a CIG vén de dirixirse seguindo as indicacións de Inspección de Traballo ante a Consellaría de Industria.

A CIG expuxo varias veces dende fai 6 anos ata a data actual, no Comité de seguridade e saúde laboral de Servizos Centrais da Xunta de Galicia, a queixa e inquietude de varias traballadoras e traballadores polos niveis de gas radón nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Servizos Centrais, sobre todo nos sotos e andares baixos dos mesmos. Solicitouse reiteradamente que se mediran os niveis deste gas en cumprimento da lexislación vixente xa que Santiago de Compostela e unha zona de alto risco por a morfoloxía do seu chan. 

Ao CSIF non lle importa a saúde do persoal traballadores de Servizos Centrais

O vernes 24 de maio de 2019 tiñamos convocada en primeira convocatoria ás 11:45 h. e en segunda ás 12:00 h. reunión ordinaria do Comité de seguridade e saúde laboral en onde, entre outras cousas tiñamos que tratar unha ampla orde do día con temas de importancia como a avaliación de riscos de 7 centros de servizos centrais e as medidas de emerxencia plnaificacdas e actuación de prevención para este ano.

venres, 24 de maio de 2019

Acórdase mobilizacións polas convocatorias dos concursos de trasalados

Na asemblea sobre a situación dos concursos de traslados da semana pasada acordouse mobilizarse pola inmediata convocatoria destes.

Nunha primeira parte fíxose unha exposisción da situación actual dos diferentes concursos na Xunta de Galiza, que con peor ou maior número de convocatorias, comparten a falta de previsión e regularidade na convocatoria e os elevados prazos de resolución e toma de posesión. Existe unanimidade en que concursos deben demandarse como dereito á mobilidade, conciliacióne progresión profesional. Está claro que hai demanda dun concurso porque o alto número das comisións de servizo así o confirmarn. O que hai que abordar é cómo facelo.

mércores, 22 de maio de 2019

Convocatoria de asembleas: concursos de traslados

Nestas semanas son moitas as persoas que nos preguntades que pasa co concurso de traslados, algo que vén xa de lonxe na Xunta de Galiza, de lonxe polo que respecta á Administración xeral pois nos consta que en Ensino levan outro ritmo. A inquedanza e o malestar aumentou desde a publicación da CIG da seguinte nota e a situación está chegando a ser insostíbel polo que vemos necesario a convocatoria de asembleas por este motivo.

A primeira asemblea terá lugar este venres, 24 de maio, ás 9:00 h no Salón 2 de San Caetano. Nela abordaremos a situación actual dos concursos e as accións a levar a cabo na lexítima defensa do noso dereito de progresión profesional, mobilidade e conciliación familiar.

Publicadas as axudas para traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de crianzas

A Secretaría das Mulleres da CIG informa que no DOG deste mércores, 22 de maio, sae publicada a convocatoria de axudas para as persoas traballadoras e as familias monoparentais que, entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019, ambos incluídos, estean unha situación de redución da súa xornada laboral para o coidado das crianzas. Estas axudas teñen como obxecto a conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade. 


martes, 21 de maio de 2019

Elexido o presidente e secretario da Xunta de Persoal a favor da CIG por unanimidade

Resultaron elexidos como presidente e secretario, respectivamente, os nosos compañeiros Toño e Fulgencio


O 20 de maio quedou constituído o órgano de representación do persoal do centro con máis traballadores e traballadoras da comarca de Santiago. Por vez primeira na Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, os cargos de secretario e presidente recaeron por unanimidade nas únicas propostas presentadas: as da CIG. Na sesión constitutiva do Pleno, ademais da presentación, elexironse os cargos da Presidencia e Secretaría, tratouse o tema do novo regulamento e comentouse o funcionamento de cara os vindeiros 4 anos.

Cómpre descatar o ámbiente de cordialidade e o mantemento no cargo do presidente da anterior Xunta de Persoal, Toño Fernández (Cultura). Pola súa parte, a CIG leva tamén o cargo do secretario que recae en Fulgencio Fernández (Amtega). Compañeiros de sobra coñecidos entre o persoal funcionario dos Servizos Centrais pola súa dilatada traxectoria no traballo sindical.

Pepe Gotera e Otilio: unha chapuza eleitoral

Pepe Gotera e Otilio chapuzas a domicilio
Agora co paso do tempo e coa debida tranquilidade, podemos analizar o que pasou no proceso eleitoral do persoal funcionario en servizos centrais. O caso é que a actitude e responsabilidade do subdirector xeral de réxime xurídico da Dirección Xeral da Función Pública deixou moito que desexar en canto a facilitar o execicio do dereito nas votacións e fomentar a participación.

Xa dende un primeiro momento houbo bastantes dúbidas e problemática de onde se ían colocar as mesas, ou se habería ou non buses para o persoal pero todo se precipitou a semana das eleccións e o mesmo día eleitoral. Fallos clamorosos foron: