Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 21 de maio de 2019

Elexido o presidente e secretario da Xunta de Persoal a favor da CIG por unanimidade

Resultaron elexidos como presidente e secretario, respectivamente, os nosos compañeiros Toño e Fulgencio


O 20 de maio quedou constituído o órgano de representación do persoal do centro con máis traballadores e traballadoras da comarca de Santiago. Por vez primeira na Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, os cargos de secretario e presidente recaeron por unanimidade nas únicas propostas presentadas: as da CIG. Na sesión constitutiva do Pleno, ademais da presentación, elexironse os cargos da Presidencia e Secretaría, tratouse o tema do novo regulamento e comentouse o funcionamento de cara os vindeiros 4 anos.

Cómpre descatar o ámbiente de cordialidade e o mantemento no cargo do presidente da anterior Xunta de Persoal, Toño Fernández (Cultura). Pola súa parte, a CIG leva tamén o cargo do secretario que recae en Fulgencio Fernández (Amtega). Compañeiros de sobra coñecidos entre o persoal funcionario dos Servizos Centrais pola súa dilatada traxectoria no traballo sindical.

Á proposta da candidatura conxunta de presidente e secretario propostos pola CIG non se presentou alternativa. É máis, esta proposta acadou o pronunciamento unánime das 18 compañeiras e compañeiros presentes neste primeiro Pleno (9/10 CIG, 4/6 SEPGA, 4/6 CSIF, 1/3 CCOO e 0/1 UGT). Temos que lamentar que do resto de candidaturas non acudise ningún cabeza de lista, así como varias renuncias comunicadas xa neste primeiro pleno entre os compañeiros de SEPGA e CCOO.

Regulamento

O regulamento a aplicar será o da anterior Xunta de Persoal se ben está previsto facer retoques para favorecer a representatividade dos grupos na Comisión Permanente, a transparencia e máis a axilidade nas convocatorias. Estes cambios artellaranse nunha Permanente e serán aprobados nun vindeiro Pleno ordinario.

Incialmente hai boa sintonía nestes aspectos e tratarase de funcionar o máis unida e cordinadamente posible na defensa do persoal funcionario dos Servizos Centrais e por extensión e coordinación co resto de persoal público da Xunta de Galiza en defensa dos nosos dereitos e duns servizos públicos de calidade no noso ámbito de traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario