Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 18 de marzo de 2025

Mobilízate este sábado na Pobra! Altri NON, Mina de Touro tampouco

 

Este sábado día 22 de marzo, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, da que a CIG forma parte, co apoio das Plataformas Ulloa Viva e Mina de Touro-O Pino NON, convoca unha grande mobilización por terra e por mar na Pobra do Caramiñal, con saída ás 12h desde a Estación de Autobuses, para rexeitar os proxectos industriais contaminantes e espoliadores que pretenden instalarse no corazón do país (Altri en Palas de Rei e a Mina de Cobre en Touro e O Pino) poñendo en perigo a forma de vida de miles de persoas e a saúde de moitísimas máis.

A Xunta de Galiza está levando a cabo a venda dos nosos recursos (a auga, a terra, o aire, as rías…) a grandes empresas que pretenden espoliar o noso país. Elas levarían grandes lucros e para nós, para o pobo galego, quedaría miseria e pobreza. A loita que vimos levando a cabo desde hai máis dun ano ten que continuar, após a publicación no DOG da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de Altri.

Non queda outra, se estiveches en Palas, se estiveches no Obradoiro, agora toca ir á Pobra do Caramiñal. E se non estiveches anteriormente, estás a tempo de sumarte. Temos que amosarlle á Xunta de Alfonso Rueda e o PP que o pobo galego non se rende, e que non imos consentir que nos espolien e nos rouben os nosos recursos naturais e a nosa forma de vida.

Se queres sumarte e precisas transporte, lembra que desde a CIG dispoñemos de autobuses desde moitas localidades do país. Podes informarte das paradas e de todo o que precises sobre os buses chamando aos teléfonos que che indicamos aquí:

  • A CORUÑA
    Saída ás 9.30h do Campo da Leña. Información no 981 169 293

  • FERROL
    Saída ás 9h do local da CIG en Esteiro. Información no 981 35 87 50

  • COMPOSTELA
    Saída ás 10h do Estadio Verónica Boquete. Información no 627 912 542

  • LUGO
    Saída ás 9h do Edificio Sindical (Ronda da Muralla). Información no 616 950 778

  • OURENSE
    Saída ás 8h desde A Gudiña. Ourense ás 9.30h. Información no 988 23 31 34

  • PONTEVEDRA
    Saída ás 10.30h desde o Pavillón. Información no 986 852 950

  • VIGO
    Saída ás 9.15 da Ramallosa. Vigo ás 10.15h. Información no 986 827 900

 Vémonos na Pobra do Caramiñal. Altri NON! Mina de Touro tampouco!

luns, 3 de marzo de 2025

Fondo de Acción Social (FAS) 2024 (resumo 27/02/25)

 

O día 27 de febreiro asistimos a unha reunión con Función Pública para tratar o Fondo de Axudas para a atención a persoas con Discapacidade (FAD).

A CIG pensa que xa é hora de chamar as cousas polo seu nome xa que como vimos denunciando dende hai anos é o mal chamado Fondo de Acción Social (FAS) porque del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a cargo, axuda aos estudos de fillos/as e propios, adquisición de vivenda, gastos sanitarios e ópticos.

Nesta proposta que é un “corta e pega” de anos anteriores, solo muda o nivel das rendas anuais das persoas causantes, que pasa do límite dos 14.000 aos 15.120 euros pero non muda a cantidade da axuda que fica en 2.160 euros por causante, exactamente igual que no ano 2020, 2021, 2022 e 2023 sen actualizar nen tan sequera o IPC.

A CIG reitera as alegacións presentadas en anos anteriores e que se resumen en:

xoves, 27 de febreiro de 2025

PODE DURMIR O PRESIDENTE? E A CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE?


Oito mil postos de traballo que se perderán: mariscadores, pescadores, granxeiros, agricultores, explotacións de produtos artesanais e ecolóxicos, turismo na zona....

Máis de cen mil persoas que dixeron non a ALTRI o día 15 de decembro de 2024 en Compostela

Os/as traballadores/as do mar na Ría de Arousa din non a ALTRI. A comarca do Ulla din non a ALTRI. O consello dA Cultura Galega din non a ALTRI. GREEN PEACE, din non a ALTRI. ADEGA din non a ALTRI. Reputados/as científicos/as, ecoloxistas, actores e actrices e empresarios/as din non a ALTRI.

Ninguén quere a ALTRI: nin os afectados directamente nin a maioría social galega. Nin sequera a propia empresa quere a ALTRI dentro do seu país, Portugal; e por iso ven aquí.

Pero todos están equivocados. Só o PP de Alfonso Rueda e de Ángeles Vázquez (conselleira de medio ambiente) ten razón. Por que?

Este é o momento de preguntarse cales son os intereses que hai detrás das persoas que o defenden. Por que, despois de tantas evidencias da desfeita medio ambiental e laboral probada e comprobada, el e ela seguen apoiando un proxecto que ataca Galicia por terra, mar e aire.


E sospeitoso, moi sospeitoso que sabendo, como saben, que a macrocelulosa provocará choiva ácida, que aumentará a temperatura e contaminará con diversos químicos a auga do Ulla, que afectará a diversidade fluvial e mariña dun xeito demoledor, que destruirá milleiros de postos de traballo e que romperá o tecido social, aposten por ALTRI con tanta forza.

Di a Conselleira que os técnicos/as encargados/as dos informes da Xunta “non poden durmir” pola presión insoportable que está exercéndose sobre eles. Está claro que ter que visar un proxecto que ataca Galicia, non ten que ser do gusto de ninguén; máxime se tes aos políticos premendo detrás. De feito, xa coñecemos de primeira man que algúns técnicos e técnicas se negaron a asinar os informes, e que a Xunta ten que buscar alternativas “estrañas” para conseguir que alguén os asine.

De momento, segundo a La Voz de Galicia, parece ser que Augas de Galicia xa deu o visto e prace, pero tamén sabemos que o fixo dunha maneira moi “pouco convencional”, saltándose os procedementos habituais. Polo visto, o informe asinouno unha persoa que ten un posto de libre designación, e non os/as técnico/as que tiñan que facelo.

Todas e todos sabemos que todos os informes no futuro serán favorables a ALTRI, e que sempre serán asinados por persoas afíns.

Todas e todos sabemos que xa están dadas as ordes para que así sexa.

E, nesta tesitura, eu me pregunto:

Poden durmir Alfonso Rueda (Presidente) e Ángeles Vázquez (Conselleira de Medio Ambiente), sabendo o dano que que vai causar en Galicia o proxecto que con tanta forza defenden?

Non sei se Rueda e Vázquez teñen alma, porque iso é unha cuestión de fe.

Do que estou seguro é de que, se poden durmir, o Presidente e a Conselleira non teñen corazón.







xoves, 20 de febreiro de 2025

A directora da EGAP di que non suprimiu os actos conmemorativos oficiais do Día das Letras Galegas 2024 porque enviou un vídeo por email

 

Ante a denuncia da CIG a responsábel da EGAP manifestou que non suprimiu nada, só cambiou o «xeito» no que se celebran as nosas Letras con respecto a anos anteriores. 

A xuntanza complementaria (06/02/25) ao consello reitor de 26 de decembro de 2024 trouxo cola e temos que ir por capítulos. Dado que a dinámica habitual da dirección da EGAP é dar a calada por resposta, por parte da CIG reiterámonos en todos os asuntos expostos no consello reitor, entre os que está a supresión dos actos conmemorativos oficiais do Día das Letras Galegas de 2024, que se viñeron celebrando dende hai 38 anos.

Ante as novas peticións de aclaracións durante a xuntanza sobre os motivos que levaron a esta supresión, a dirección da Escola insistiu en que non ten ningún problema co Día das Letras Galegas nin co galego. Porén, a directora fixo depender a celebración das Letras da súa continuidade no cargo tras a toma de posesión de Rueda en abril de 2024, nun acto narcisista de personificación da institución nela mesma. Despois de confirmar esa continuidade, e ver que non había tempo suficiente para as celebracións tradicionais, a directora manifestou que optou por «mailear» (enviar por email) un vídeo sobre a intelectual homenaxeada, motivo polo que —segundo ela— non se pode dicir que non se fixo nada… Ese vídeo, sinalou, «meneouse» e obtivo moitísimas descargas, aínda que di non lembrar cantas, pero a EGAP comprobouno e trasladoulle ao Consello da Xunta nun informe.

luns, 17 de febreiro de 2025

Estraño procedemento para tramitar a autorización da pasteira de ALTRI en AUGAS DE GALIZA. Que queren esconder?

Opacidade e presións ao persoal funcionario para a autorización de ALTRI

Malia o forte clamor de toda Galiza e a enorme presión social e política contra a instalación da pasteira de Altri ―proxecto Gama―,  a Xunta do PP teima en seguir adiante co proxecto da pasteira na Ulloa.

Na busca de calquera argumento que xustifique o «si» que xa lle teñen dado publicamente á instalación da pasteira, desta volta centran o seu discurso no persoal funcionario que ten que elaborar os informes e tramitar os procedementos das diferentes autorizacións. Moi ao seu pesar, a cuestión técnica depende do persoal funcionario, quen hoxe ten que traballar con informes que realiza a propia empresa. A presión exercida sobre este persoal está a ser bestial. Falamos de compañeiros e compañeiras funcionarias públicas de diferentes departamentos que se negaron a sacar adiante as autorizacións pola información parcial e sesgada que dá Altri para o seu proxecto. A Xunta tivo que recorrer ás persoas que ocupan postos directivos de libre designación para a asinar os informes.

Augas de Galiza autorizou?

Responsables da Xunta manifestaron publicamente ter a autorización de Augas de Galiza para a retirada de 46.000 m³/día de auga e a posterior vertedura ao río Ulla, mais o certo é que nin a sección de Lugo o tramitou, nin en Servizos Centrais consta que asinaran ditas autorizacións as persoas funcionarias ás que lles correspondería. Sabemos que nin a Área de Calidade de Augas, nin a Sección de Residuos traballaron no proceso de autorización.

Todo indica, segundo as informacións das que dispoñemos, que foi o comisario de Augas, un posto de libre designación, quen validou o informe que lle preparou a propia empresa, sen que nos conste hoxe que estea resolto o expediente. Dados os milleiros de ollos que están postos na parte máis polémica da instalación dunha megapasteira na Ulloa, parécenos raro raro que se atrevan a facelo tan mal.

Dende a CIG non imos permitir que as propias persoas responsables da Administración acosen e ameacen ao persoal funcionario, e tampouco que se secuestren as súas funcións, cumpridas con neutralidade e obxectividade, para outorgárllelas a persoas designadas politicamente e que obvian os criterios técnicos.

venres, 14 de febreiro de 2025

Convocatoria formación continua de idiomas

    

No DOG , do 13 de febreiro publícase a RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2025 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza e das entidades locais, así como para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG).

Destinatarios:

  • Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma,
  • Das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galiza;
  • Da Administración institucional de Galiza;
  • Da Administración de xustiza de Galiza;
  • Das entidades locais de Galiza;
  • De administración e servizos (PAS) das universidades do SUG,
  • Persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria, creada pola Lei 17/1989, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos

 

Exceptuados:

martes, 11 de febreiro de 2025

Comisión de Persoal do 06 de febreiro de 2025

  

No punto sobre a modificación da convocatoria de funcionarización a C2 (Auxiliar de clínica e coidadres/as), das categorías IV-004 e III-99

DXEP: Dáse conta da mofificación da resolcuión pola que se modifica a resolución do 15/12/23 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionariosde carreira do corpo auxiliar da Administraciḉon Xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2 do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo IV e V, do V Concenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurífico dando opción ás persoas incritas neste proceso que teñan a titulación de auxiliar de clínica podan funcionarizarse nesa escala

Dende a CIG verbalizamos que están a facer unha degradación do grupo III e para o grupo IV o que presentan é unha promoción horizontal de cambio de escala.

A DXEP informa de que isto ao ser unha modificación do decreto non procede votación posto que esta xa se fixo polo que agora so o traen á mesa para dar conta disto

No que atinxe á modificación da RPT de educación