- A Consellaría de Presidencia sacou no DOG do 26 de xuño una nova convocatoria de concurso público para a concesión do servizo da cafetaría de San Caetano e máquinas expendedoras de Servizos Centrais,
A sección sindical de persoal funcionario da CIG presentou diversas propostas de mellora do cal no prego de prescricións técnicas das que só atopamos recollido a ampliación de horario de comedor para conciliar coa nova realidade da flexibilización horaria (de 14:00 a 17:00h) ou o establecemento dun prezo reducido para o almorzo completo.
O resto de alegacións non foron atendidas (participación dos órganos de representación, valoración positiva nos pregos de utilización de produtos da nosa terra e/ou ecolóxicos, uso do bono por gasto mínimo e non só nos menús, establecer os ½ menús, control de prezos en función das variacións salariais aos empregados públicos, disposición de instalacións da cafetaría para xente que traía comida da casa...).
SUBA DE PREZOS
A pesar do que líamos este venres na edición dixital de Santiago da Voz de Galicia do barato que nos sae aos funcionarios tomar un café ou comer grazas a papá Xunta, na contrata publicada estes días no DOG atopamos unha suba da maioría de produtos superior ao IPC e que non ten en conta para nada a nosa perda de poder adquisitivo de entorno ao 20% destes últimos 3 anos. De feito, o prezo do café na cafetaría é do pouco que se mantería na lista de prezos máximos do prego, prezos ao que se soe axustar a oferta real definitiva.