Unha das últimas
actuacións do exconselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e
Territorio, Agustín Hernández, antes de marchar da Xunta.
No 2011 foi anunciada publicamente a cobertura do posto de subdirector/a xeral de Urbanismo pero non foi ata o 26 de xuño de 2014 cando se resolveu. Resulta bastante chirriante cando a normativa de cobertura de postos da Xunta establece expresamente que o prazo máximo para resolver este tipo de convocatorias (libre designación) será dun máximo de 2 meses.
Hai que ter en conta, ademais, que esta
praza leva todos estes anos ocupada de xeito temporal e irregular polo
mesmo funcionario provinte do concello da Coruña e que foi finalmente
nomeado para o posto. Deste xeito, prodúcese tamén un reiterado
incumprimento das instrucións de Función Pública para a cobertura temporal deste tipo de postos (6 meses ampliables por outros 6).
Máis aló do atraso evidente e da pouca
seriedade coa que a Xunta de Galiza se toma a súa propia normativa,
chama a atención a falta de racionalización do gasto público para os
postos de libre designación, engordando nunha nómina máis que vén doutra
Administración. En determinadas situación, esta sección sindical
advertiulle á Xunta que na cobertura deste tipo de postos estimase a
preferencia do persoal funcionario autonómico diante de traer máis
persoal doutras Administracións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario