Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 21 de novembro de 2016

Recoñecemento do tempo do servizo militar

Vén de comunicar a Dirección Xeral de Función Pública que van publicar no DOG do 22 de novembro o Acordo sobre o recoñecemento do tempo do servizo militar ou equivalente para o cómputo de trienios (dereito recoñecido no artigo 26.1 do V Convenio Colectivo).

Logo da correspondente publicación do acordo, todo o persoal laboral que dispoña da certificación expedida polo Ministerio correspondente poderá achegala á Dirección Xeral da Función Pública.

No seu día a CIG interpuxo un conflito colectivo para o recoñecemento do servizo militar para o computo dos trienios do persoal laboral do V Convenio Colectivo da Xunta de Galicia. O persoal letrado da administración contactaron cos servizos xurídicos da CIG para pospoñer o xuízo de cara a unha negociación. O xuízo foise aprazando ata lograr un acordo favorable as nosas pretensións e a aquelo que as sentenzas previas viñan recoñecendo.

Co Acordo xa pactado, a CIG desistiu do Conflito Colectivo presentado. O pacto consiste en:
  • Recoñecer os servizos prestados durante o tempo de duración do servizo militar ou equivalente para o computo de trienios.
  • Terá efectos económicos dende a reclamación administrativa previa desestimada pola Administración para aqueles traballadores que non o teñan recoñecido xudicialmente por sentenza definitiva e firme.
  • As novas solicitudes resolveránse aplicando a criterio da literalidad da norma.
Reclamamos tamén  a súa extensión ao persoal funcionario, pois coa actual lexislación a estes só se lles recoñece o tempo de servizo militar se o realizaron sendo xa empregado público, non computándose o tempo de servizo anterior á condición de funcionario. O director xeral de Función Pública fai a observación de que esa extensión non é posíbel coa actual lexislación, existindo implicacións en normas básicas do estado. A CIG entende que os dereitos deben ser iguais para todas as empregadas e empregados públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario