xoves, 24 de novembro de 2016

Peche das oficinas de rexistro da Xunta os días 24 e 31 de decembro

A entrada en vigor da Lei 30/2015 do procedemento administrativo común das Administración Públicas, que declarou como non hábiles os sábados, e o feito de que este ano os días 24 e 31 de decembro coincidan en sábado, fai superfluo e inútil o feito e abrir as oficinas de rexistro eses días.

A CIG destaca que o peche dos rexistros neses dous días non vai provocar ningún prexuízo ao público xeral nin a ningunha Administración e sería coincidente co recollido na Resolución do 24 de febreiro sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas sobre o peche neses dous días de todas as oficinas públicas e facilitaría a conciliación da vida familiar coa laboral das persoas traballadoras nas oficinas dos rexistros.

Ao mesmo tempo tamén solicitamos o peche desas oficinas durante o resto dos sábados do ano. A entrada en vigor da nova lei do procedemento administrativo fixo que moitos concellos e organismos pechasen as oficinas de rexistro neses días ao quedar sen contido o obxectivo que tiña a apertura, que era evitar prexuízos ás persoas administradas facilitándolles a presentación de documentación dentro dos prazos establecidos nas diferentes convocatorias e hoxe non ten sentido a apertura de oficinas exclusivamente para informarlle ás persoas que se acerquen polas oficinas (poucas) de que ese día xa non é hábil segundo a lei de procedemento administrativo en vigor.

A CIG vén de presentar un escrito reclamando o peche das oficinas de rexistro da Xunta os próximos días 24 e 31 de decembro.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario