Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 30 de novembro de 2016

Servizos privatizados: máis caros e precarios. Exemplo da xestión da nave de libros do Tambre por EULEN.

No DOG do 29 de novembro anúnciase a contratación do servizo de xestión dos fondos bibliográficos da nave que a  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universiatria ten no Polígono do Tambre en Compostela.

O caso é que se van a gastar 180.000 euros (en tres anos) para empaquetar libros que enviarán aos centros escolares e culturais do país. No prego de prescripcións técnicas solicítase que para este contrato un posto de mozo/a de almacén, amáis dun seguro de responsabilidade civil e unhas traspaletas. O mozo ou moza de almacén vai estar ben pagado porque ata os 60.000 euros/ano ten que valer moito o seguro e a traspaleta.

A realidade é que estamos ante outro contrato montado para a empresa Eulen (que leva coa adxudicación do servizo desde 2012) para darlle uns cartiños cunha grande marxe de beneficio. E sabedes quen figura de apoderada na dita empresa?: a irmá de Feijóo

Se a Consellería se deixara de darlle cartos aos amigos e contratara persoal propio aforrábase preto de 40.000 € por ano. Por exemplo: a creación dun posto de persoal subalterno (do mesmo grupo profesional que o mozo de almacén) custaría uns 20.000 € anuais (con costes sociais incluídos).  Para os locais, a Xunta xa conta co seu propio seguro de responsabilidade civil e a traspaleta podería alugala ou comprar unha automática por menos de 1.000€ e xa lle quedaba para a Xunta. 

COMO QUE NON HAI CARTOS???!!! Están tirando con eles!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario