Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 30 de novembro de 2016

Comisións de servizo: o abuso continúa

Mira que o temos denunciado,  pero por activa e por pasiva a Administración négase a regular esta maneira caciquil de prover temporalmente os postos. Di a Lei do Emprego Público de Galicia que a provisión por comisión de servizos deberá ser algo excepcional pero os datos din o contrario.

Pódedes ver que a resolución do concurso de tralados fixo limpa da gran cantidade de situacións irregulares, pero xa comeza de novo a cousa a medrar. Observade que pasamos das 50 comisións de setembro, ás 120 de outubro e ás 174 de novembro; ou sexa que pasa o concurso e voltamos a colocar a dedo. Como é natural baixan as prórrogas, pero esperade, esperade… uns meses.

Por outro lado fixemos a comparativa entre os postos adxudicados no último concurso de traslados de personal funcionario (outubro 2016) e a totalidade de postos comisionados este mesmo ano (ata a toma de posesión) é tachán:

Mirade a comparativa; pois si, anda máis xente movéndose no acto (extraordinario) da comisión, que no acto (ordinario) do concurso. Que conste que esto nós xa o sabíamos pero é para a ver se alguén de Función Pública (para máis señas, o director) o le e fai algo, por exemplo, poñer en marcha o concurso permanente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario