venres, 11 de novembro de 2016

"NOVO" GOBERNO: NOVAS (des) ESPERANZAS


Tralas eleccións do pasado 25 de setembro, o Partido Popular revalidou a sua maioría absoluta, e vai gobernar este país outros catro anos. Así, o xoves día 10 de novembro o candidato Feijoo foi investido polo Parlamento como novo presidente e nos seguintes días nomeara aos membros do novo goberno.

Non imos ser hipócritas e pensar que as cousas van cambiar, pero sempre esperamos que a tan cacarexada mellora económica (os ministros dos Madriles como Montoro ou Fátima Báñez xa andan sacando peito do ben que imos ir) redunde dalgunha maneira nos servicios públicos que tan fortemente foron batidos estes derradeiros anos.

O personal da Administración galega espera que a reposición de efectivos se faga ao cento por cento, que se negocien as RPT´s con aumento de prazas nos departamentos máis sobrecargados de traballos, que se recupere o traballo público de miles de empresas que vexetan ao redor da Xunta de Galicia e como non, que recuperemos o poder adquisitivo dos nosos salarios, recortados desde o 2010!!!!!

Pero esperando esto, vemos que a primeira actividade do goberno vai ser un acto panfletario mediante unha gran gaiteirada no Obradoiro o próximo sábado (ao estilo do vello rockeiro Don Manuel), e así...... mal comezamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario