Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 15 de febreiro de 2018

Comunicado liberdade de expresión: "Si hay tuiteros en prisión es porque lo merecen, esto no es Venezuela"

Nos últimos tempos estamos asistindo a un recrudecimento da persecución pola vía penal de certos actos que recordan a outro tempo. No estado español existe un dos códigos penais máis duros da Unión Europea e dos que se utiliza para reprimir a liberdade de expresión, mobilizacións e organización política como sufrimos a diario. A propia Xunta de Persoal veu recrudecer a atitude da Xunta nas últimas mobilizacións onde foi convidada de malos modos a abandonar as últimas protestas pacíficas do seu centro de traballo de San Caetano.  Non se emprega tanta dureza para perseguir a corrupción, por certo.


Por estes motivos, a CIG presentou no pleno da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais o seguinte comunicado que foi aprobado cos votos a favor dos tres sindicatos de clase e o único voto en contra do CSIF.

O representante de CSIF, que di falar en nome do CSIF e non en nome propio, non apoia o documento por considerar que mezcla o encarcelamento de twitteros, musicos, titiriteiros, representantes públicos, sindicalistas, que en moitas ocasións considera merecido. Surxe un debate e un representante da CIG pregúntalle ao que fala en nome da CSIF “si cre que merecen os tuiteros estar na cadea” e este respóndelle “que si lo merecen, que esto no es Venezuela ni Auschwitz como dicen los independentistas, esto es un estado de derecho y los que estan en la carcel es por que se lo merecen, y que no hay ningún sindicalista preso”.

Na súa sesión plenaria do 14 de Febreiro, a Xunta de Persoal aprobou por ampla maioría o seguinte comunicado:

Esta Xunta de persoal quere amosar a súa preocupación e condena polo crecente deterioro dos dereitos fundamentais e criminalización das opinións, manifestacións ou accións políticas: encarcelamento de twitteros/as, músicos, titiriteiros, representantes públicos... todo con dubidas máis que razonables sobre os fundamentos do dereito aplicado. Son moitas as condenas e críticas desde diferentes organismos e organizacións tanto de dentro como de fóra do Estado español a esta deriva de perda das calidades democráticas.

Como órgano de representación de persoal público e coa mobilización e a protesta na súa base e a integración das liberdades fundamentais como a sindical no seu ADN, preocúpanos a deriva actual cara tempos pasados, onde as tensións sociais se resolven pola vía do código penal, un dos máis estritos de toda Europa. Non podemos ficar en silencio.

Na defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores públicos, dos servizos públicos: liberdade de expresión, opinión e mobilización. Todo o noso apoio ás persoas que sufren a represión do estado polo libre exercicio dos seus dereitos máis elementais. Non á criminalización da protesta, das accións sociais ou políticas. Fronte ao odio, unidade da clase traballadora.

Santiago de Compostela, 15 de Febreiro de 2018
O Presidente da Xunta de Persoal,
Antonio Fernández Domínguez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario