mércores, 28 de febreiro de 2018

Cambios nas ordes das convocatorias de procesos selectivos de cara a Comisión de Persoal

As ordes das convocatorias das 487 prazas de corpos xerais acumuladas de ofertas públicas anteriores van quedando perfiladas. A continuación, deixámosvos unha descrición dos principais cambios, así como o acceso aos borradores que sufriron estes cambios e que moi probablemente xa se convertirán nos definitivos que irán ao DOG

Todas as convocatorias levan esta mención: A realización deste exercicio non terá lugar antes dos dez (10) meses posteriores a data de publicación desta convocatoria no DOG. Agora que sabemos ata cando non vai ser o primeiro exame, estaría ben saber cando se van publicar no DOG e especialmente que "non terán lugar despois de..."


C2 promoción interna  Descargar borrador previo
  • 80 preguntas tipo test (1º exercicio) (eran 50 preguntas)
  • 90 minutos (1º exercicio) (eran 60 minutos)
  • Eliminación materia: proteción datos e minorase contratación
C2 acceso libre  Descargar borrador previo
  • Eliminación materia: proteción datos e estatuto traballadores
C1 promoción interna  Descargar borrador previo
  • 90 preguntas tipo test (1º exercicio) (eran 80 preguntas)
  • Eliminación materia: proteción datos e minorase contratación

A2 promoción interna  Descargar borrador previo
  • 100 preguntas tipo test (1º exercicio) (eran 90 preguntas)
  • Eliminación materia: seguridade social-prestacións
A2 acceso libre 
  • Envíase nova convocatoria porque se modifica toda a estructura dos exercicios. Descargar
A1 acceso libre
  • Envíase nova convocatoria porque se modifica toda a estructura dos exercicios Descargar
A1 Finanzas  Descargar borrador previo
  • 180 minutos (1º exercicio) (eran 150 minutos para 150 preguntas)

Ningún comentario:

Publicar un comentario