Sindicato Nacionalista de Clase
mércores, 26 de xaneiro de 2022
A despromoción interna na Xunta de Galiza
martes, 25 de xaneiro de 2022
Información das obras no edificio dos espellos en San Caetano
A semana pasada fomos convocadas pola consellería de Infraestruturas a unha reunión para darnos información aos representantes sindicais e delegados/as de prevención sobre as obras que se van a acometer no edificio.
Primeiro de todo congratularnos de que haxa consellerías que de motu propio facilitan información completa e axeitada de temas que afectan ao día día dos traballadores e traballadoras. Parabéns por iso e a ver se se estende a iniciativa ao resto.
En concreto, as obras van afectar ao denominado edificio dos espellos no que se vai a acometer o cambio do tellado e a retirada da fachada acristalada e a instalación dunha nova fachada con paramento e fiestras similares ao resto de edificacións de San Caetano.
A CIG gaña a demanda contra as encomendas de xestión en Patrimonio Cultural
E agora qué? A quen cesamos? Quen vai devolver os máis de dous millóns de euros gastados?
Dende a CIG xa advertimos a ese centro directivo da desfeita destas encomendas que eran manifestamente ilegais por extraer da esfera pública un traballo que só deberían facer o persoal funcionario (informes técnicos que causan efecto sobre as resolucións).
venres, 21 de xaneiro de 2022
Concurso: vai desta ou seguimos a esperar á resolución dos procesos selectivos?
O xoves día 20 houbo a derradeira reunión da comisión de avaliación do concurso xeral e acordouse o seguinte:
• Resolvéronse as últimas alegacións.• Decidiuse sobre as renuncias totais, parciais e desestimentos de renuncias.
• Acordouse que aquelas persoas funcionarias coa obriga de concursar ao estar en adscrición provisional ou a dispor, e que non solicitaron todos os postos vacantes na súa localidade, se lles asignará de oficio e de xeito aleatorio un posto dos que queden vacantes.
• Aquel persoal que non validou ou conformou mal a certificación de méritos (sobre 280 persoas) non están excluídos do concurso pero participan con 0 puntos.
luns, 17 de xaneiro de 2022
A 6ª onda COVID é allea á Xunta de Galizia: nin teletraballo especial nin reforzo das medidas preventivas
Sr. Barreiro, onde está o seu "sentidiño"? |
Mentres os contaxios diarios roldan os 8.000 e o número de persoas infectadas superan xa as 70.000 a Xunta non contesta ante a nosa petición de reforzo das medidas preventivas e a aplicación do teletraballo Covid alternado e con grupos burbulla; semella que a Xunta de Galiza é allea aos contaxios por COVID.
venres, 14 de xaneiro de 2022
Concurso xeral: hai luz ao final do túnel?
O día 20 de xaneiro será a derradeira reunión da comisión de avaliación do concurso xeral. Ese día aprobarase tamén a proposta de resolución do concurso. A partires de aí podería publicarse a resolución en calquera momento pois xa queda en mans de Función Pública.
A dúbida que xurde é sobre as dúas posibilidades que pode ter Función Pública (tendo en conta de que van facer coincidir a toma de posesión do concurso coas tomas de posesión dos procesos selectivos en curso):
2022: 9 días de asuntos particulares... coma no 2011!!
Semella que retrocedéramos no tempo 10 anos e volvéramos a ter 9 días de asuntos propios
Como se non houberan modificado primeiro en 2012 a LFPG e logo consolidado na LEPG de 2015, cómpre recordar que ata 2011, na Xunta tiñamos 9 días de permiso por asuntos particulares. E non por privilexio, senón por dereito que compensou a perda de poder adquisitivo brutal, unha perda que se está a volver a dar na actualidade cun IPC desbocado que triplica a suba salarial que imos ter este ano. Ou promocionas ou consegues unha comisión de servizos ou non hai maneira de manter o poder adquisitivo como persoal público na Xunta de Galiza.