Sr. Barreiro, onde está o seu "sentidiño"? |
Mentres os contaxios diarios roldan os 8.000 e o número de persoas infectadas superan xa as 70.000 a Xunta non contesta ante a nosa petición de reforzo das medidas preventivas e a aplicación do teletraballo Covid alternado e con grupos burbulla; semella que a Xunta de Galiza é allea aos contaxios por COVID.
A Xunta esta tardar, outra vez, en tomar medidas para protexer ao seu persoal; a CIG Administración Autonómica remitiu un escrito antes do Ntdal tendo en conta as pésimas previsións que xa tiñamos daquela, onde solicitamos de novo a asunción inmediata do teletraballo COVID en base ao artigo 12 e en base tamén recomendacións feitas polo Presidente do Goberno do estado español onde propuña o máximo teletraballo en todas as administracións públicas como prevención ante a vaga. Cos datos xa disparados na Galiza o director xeral da Función Pública, no que é a súa practica habitual, nin respostou ao escrito de solicitude nin tomou medidas complementarias para protexer ao persoal da Xunta de Galiza.
O persoal da Administración non é alleo aos embates da pandemia, e está a sufrir decenas de contaxios, a día de hoxe a Xunta é mais opaca ca nunca a hora de informar a representación do persoal dos casos positivos e contactos estreitos; mesmo non sabemos a cantidade de empregados públicos que están de baixa médica por este motivo.
Ademais, é necesaria e urxente a revisión das medidas preventivas e unha nova dotación de máscaras de protección ao persoal. As últimas máscaras facilitadas xa superaron o límite de vida útil. E incrible que case dous anos despois esteamos demandando as mesmas cuestións que ao comezo da pandemia: A Xunta non aprende simplemente porque non lle da a gana ou PORQUE QUERE QUE AS COUSAS VAIAN MAL PARA a súa ofensiva política contra o goberno estatal?
Así neste marco de contaxios xeneralizados a CIG SOLICITA:
1.- A adopción inmediata do teletraballo COVID, no marco da emerxencia sanitaria destas datas, e no marco do Acordo de Teletraballo. Revisión das medidas preventivas e unha nova dotación de máscaras.
2.- Información detallada de datos de persoal contaxiado pola COVID por consellerías e localidade e número de baixas do persoal por centro de traballo. É vergonzoso que a día de hoxe haxa falta de transparencia sobre as ausencias por contaxio. Mesmo no resto de ondas había consellerías que informaban a cada Xunta de Persoal dos casos, pero esa información hoxe esta a ser ocultada deliberadamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario