Semella que retrocedéramos no tempo 10 anos e volvéramos a ter 9 días de asuntos propios
Como se non houberan modificado primeiro en 2012 a LFPG e logo consolidado na LEPG de 2015, cómpre recordar que ata 2011, na Xunta tiñamos 9 días de permiso por asuntos particulares. E non por privilexio, senón por dereito que compensou a perda de poder adquisitivo brutal, unha perda que se está a volver a dar na actualidade cun IPC desbocado que triplica a suba salarial que imos ter este ano. Ou promocionas ou consegues unha comisión de servizos ou non hai maneira de manter o poder adquisitivo como persoal público na Xunta de Galiza.
Neste sentido, convén recordar que xa coa publicación do calendario laboral para 2022, avanzábamos esta nota dos 9 días moscosos para o ano 2022, algo que só se producirá este ano, como se dun eclipse total de sol se tratara. Algo que, como a perda de poder adquisitivo, compensamos tamén con facernos vellas e vellos e os famosos "canosos". Máis aló das efemérides e da información, queremos reivindicar a recuperación dos dereitos roubados: salariais e extra salariais. Cómpre recordarmos das pagas extras en miniatura que cobramos desde o 2011, o Fondo de Acción Social que aínda que mellorable segue sen existir, os múltiples cortes nos artigos do convenio colectivo do persoal laboral e tamén deses 9 días moscosos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario