A lei 20/2021 de temporalidade outorga as administracións públicas unha taxa adicional para a estabilización de prazas. Cantas prazas e en que quendas teñen que saír a estabilizar na OEP da Xunta e o quid da cuestión, máis polo de agora Función Pública non avanzou nin sequera unha listaxe provisional e o tempo estáselle a botar enriba. Non aceptamos chapuzadas con números globais e, se non o fan ben, o conflito esta servido.
Deben saír a estabilización as prazas vacantes e estruturais que estean ocupadas por persoas temporais ou interinas ao menos 3 anos antes do 31/12/2021. Repéscanse tamén as ofertadas non convocadas e as que, rematados os procesos, quedaron desertas.
Quenda ordinaria (concurso-oposición): todas as prazas que estiveran cubertas temporal e ininterrompidamente polo menos nos 3 anos anteriores a 31/12/2020.
Quenda extraordinaria (concurso): igual que as anteriores pero cubertas temporal e de xeito ininterrompido dende antes do 1/01/2016. E tamén, as que estando cubertas con posterioridade a esa data, as persoas que as ocupan sexan interinas dende antes do 1/01/2016.
A referencia para tomar os datos é a 31/12/2020, porén a Xunta xa adiantou que empregaría a data do 30/12/2021. Non nos estraña a súa actitude xa que so uns días antes da entrada en vigor da lei sacou convocatorias con prazas afectadas pola quenda extraordinaria de estabilización (DA6).
Ningún comentario:
Publicar un comentario