Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 4 de marzo de 2022

Toma de posesión do concurso xeral: abril?


Na última Comisión Persoal, de 2 de marzo, preguntamos ao director xeral da Función Pública polo ruxe-ruxe que circula de que a toma de posesión do concurso sería en setembro, tendo en conta que nas súas últimas palabras falaba de marzo ou abril. Este indicou literalmente que será en "en marzo ou máis ben en abril, e que en ningún caso valoran que poida ser en setembro".

Di que xa remitiron as consellerías todos os postos susceptibles na elección de destino definitivo de quen están agora en destino provisional (nomea tanto promoción interna como A1, A2, C2 e AP de acceso libre). As dúas tomas de posesión (concurso e elección de destino definitivo) serían coordinadas.

Unha vez tomada posesión os/as de concurso e os/as de destino provisional, irán posteriormente os/as que están agora en execución (que contan que vaian rematando neste semestre).

Ata aquí a información que nos traslada o representante da Administración autonómica. Moitas persoas nos preguntades que hai de certo nesta "predición" froito dos continuos incumprimentos nos prazos do director xeral da Función Pública para calquera cousa que non sexan recortes. En primeiro lugar, dependerá da resolución dos procesos selectivos pendentes; en fase xa de concurso de méritos. Por outra banda está o interese político e a fiabilidade da palabra do director xeral, pola que non poñemos a man no lume. Así pois, entendemos que "abril" pode ser "maio" ou "xuño". Iso si, sería un escándalo maiúsculo deixalo para setembro mais a grandes escándalos xa é dado este director como a ampliación do prazo para resolver este concurso.

  • Convocatoria: novembro 2019
  • Resolución: febreiro 2022
  • Toma de posesión: abril 2022?


Ningún comentario:

Publicar un comentario