Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 22 de marzo de 2022

O feminismo galego convoca concentracións en repulsa á violencia machista


A CIG chama a participar nas mobilizacións que se farán en cidades e vilas este martes, 22 de marzo

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este martes, 22 de marzo, en varias localidades do país, en repulsa ao feminicidio de Jessica Méndez, de 29 anos, asasinada en Barro polo seu veciño, que a acosaba incesantemente.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato, que non computará nas cifras oficiais por non existir unha relación sentimental entre Jessica e o seu asasino. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

Lugares e horas das concentracións xa confirmadas:

A Coruña, 20h no Obelisco

A Guarda, 20h Praza do Reloxo

Ames, 20h Praza da Maia

As Pontes, 20 h Praza do Hospital

Betanzos, 20h detrás do palco da música

Catoira, 20h Praza da Pedra

Compostela, 20h Praza 8 Marzo

Ferrol, 20h diante do Concello

Lugo, 20h diante do Concello

Moaña, 19.15h Praza do Concello

O Porrriño, 20h Praza do Concello

Ourense, 20h na Castañeira

Pontevedra, 20h Praza da Peregrina

Vigo, 20h no Marco

Vilagarcía, 20h Praza de Galiza

Ningún comentario:

Publicar un comentario