Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 29 de abril de 2022

Concurso de traslados e destino definitivo de corpos xerais: non dan as contas


Función Pública quere que sexamos os sindicatos quen decidamos quen vai quedar damnificado pola súa incompetencia. E mentres tanto, o concurso para cando?

Recibimos un correo de Función Pública (mércores 27) cos números de prazas que queren ofertar para destino definitivo ao persoal de corpos xerais que está actualmente en destino provisional (tanto de promoción interna como de acceso libre). E as contas non dan para A1, así que bótanse a un lado e piden aos sindicatos que decidamos quen vai resultar prexudicado.

O problema de falta de prazas de A1

xoves, 28 de abril de 2022

Función Pública envíanos os listados das prazas susceptíbeis de ser convocadas nos procesos de estabilización

De entrada percibimos erros e faltas, como os postos do Consorcio, Illas Atlánticas, Educación, etc. Aos listados provisionais engaden outros que poden excluír prazas dos primeiros.

A Xunta convocounos para este venres co fin de explicar este galimatías. Agardamos ter canto antes uns listados en condicións para presentar achegas.

Función Pública non autoriza a difusión e advirte que: “trátase de documentos de traballo que conteñen información de detalle sobre os servizos públicos autonómicos e os empregados públicos que prestan servicio neles, por esta razón, prégase destinar esta información exclusivamente aos fins de consulta e alegacións solicitados e evitar a súa difusión fóra dos canais que a Xunta de Galicia pon a disposición das organizacións sindicais para exercicio das súas funcións”.

ISTO É TAL CUAL O QUE ENVÍAN DENDE FUNCIÓN PÚBLICA

O concurso de corpos xerais e as tomas de posesión das persoas que están en provisional....para xuño?

Temos constancia a través de Función Pública de que a toma de posesión do concurso de corpos xerais vai ser para maio-xuño.

Isto indica que non parece que queiran cumprir coa palabra dada polo director xeral de Función Pública nas últimas reunións, de que na primeira semana de maio se publicaría a resolución e na primeira quincena sería a toma de posesión.

Intuímos que se a resposta é “maio-xuño”, a idea que teñen é que se prolongue ata aí, e desmintiría así o ruxe-ruxe que está a circular que fala de setembro. E xunto con esta toma de posesión ten que haber simultaneamente a das persoas que están en provisional despois dos procesos selectivos de promoción interna e libre anteriores.

 

martes, 26 de abril de 2022

A CIG convoca mobilizacións en cidades e vilas este Primeiro de Maio

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, baixo o lema “Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos”. A central sindical acompaña esta reivindicación cun paquete de propostas para facer fronte ao descontrolado incremento de prezos dos produtos básicos.

 MANIFESTACIÓNS

A Coruña: 12h desde a Praza de Vigo

Cee: 12h na Praza Concha Blanco.

Compostela: 12h desde a Praza Roxa

Ribeira: 12h desde a Praza do Peixe

Ferrol: 12h desde o local da CIG (Avda. de Esteiro)

xoves, 21 de abril de 2022

Función Pública comeza os traballos para a OEP de 2022 sen buscar a participación e o consenso

A lei da temporalidade obriga a ter publicada a oferta de emprego público de estabilización antes do 1 de xuño deste ano. A Xunta vai con atraso e presenta uns criterios para elaborar a oferta sen listaxes de vacantes nin descrición da súa situación

Apenas quedan dous meses e Función Publica convocounos o venres 8 de abril unha reunión informativa sobre un BORRADOR DE CRITERIOS COMÚNS PARA A APLICACIÓN DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DERIVADO DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS URXENTES PARA A REDUCIÓN DA TEMPORALIDADE NO EMPREGO PÚBLICO (descargar), que ven sendo a súa adaptación da resolución da Secretaria do Estado dun conxunto de recomendacións para a aplicación da lei. Temos ata o día 21 de abril para enviar alegacións

luns, 11 de abril de 2022

ANUNCIO COMISIÓN DE SERVIZOS PARA PRESIDENTE

Visto que non se poñen de acordo, que se congreso, que se dedazo con forma de congreso, que Puy, que Rueda, que se a avoa fuma... a CIG San Caetano quere contribuír á estabilidade do noso País anunciando unha comisión de servizos para cubrir a praza que deixa (ademáis da que ten en Facenda) o noso Alberto.


Non confundir esta comisión cos centos delas que van saír cando se resolva a toma de pose do concurso, agardamos tela resolta antes diso.

venres, 8 de abril de 2022

Campaña Renda 2021 para a afiliación da CIG


Comezou a campaña da renda 2021, e desde xa podes solicitar cita para facela na CIG no seguinte enderezo: https://oficina.cig.gal/renda.

As rendas elaboraranse preferiblemente por teléfono. No caso de que non dispoñas dos medios ou coñecementos necesarios, podes solicitar cita chamando á centraliña da CIG de  Compostela  (981583200)  onde, logo  de darche a  posibilidade de  dirixirte  a  túa  federación; atenderase a chamada por parte do persoal administrativo.

As cotas sindicais aboadas durante todo ano 2021 ascende a cantidade de 145,20€, da que non necesitas  certificación para metelas  na  declaración da renda,  no apartado correspondente. En caso de que non pagaras todo o ano, ou estiveras no colectivo de xubilados, parados, ingresos reducidos ou necesitar unha certificación ponte en contacto co telefono indicado anteriormente.

mércores, 6 de abril de 2022

As encomendas da Consellería de Cultura a TRAGSATEC xa son ilegais

    

A CIG foi sempre moi combativa coa externalización do traballo público, e así levamos tempo loitando. Incluso coa externalización semipública a sociedadades como TRAGSA ou TRAGSATEC a través das encomendas de xestión, onde as propias sociedades públicas contratantes non tiñan nen capacidade técnica nen persoal para desenvolver tarefas propias das empregadas e empregados públicos.

Así o pasado mes de xaneiro, fíxose xustiza e a sala do contencioso do TSXG declarou ilegais as encomendas que a Consellería de Cultura estaba a facer con TRAGSATEC para elaborar os informes arqueolóxicos de obras e intervencións na contorna dos camiños de Santiago e bens protexidos.

A sentenza, demoledora no seu fundamento, fixo por de cor ao conselleiro e á responsable de Patrimonio Cultural que saíron sinalados como verdadeiros artífices desta desfeita.

luns, 4 de abril de 2022

O TRIBUNAL SUPREMO DALLE A RAZÓN A CIG: inadmitido o recurso da Xunta pola carreira profesional

 

O Tribunal Supremo lémbralle á Xunta que non hai nada que casar porque a xurisprudencia é clara: a carreira profesional ten que ser para todo o persoal

A sentenza gañada pola CIG contra a orde que regula o grao I do sistema extraordinario da carreira profesional xa é firme ao inadmitir o Tribunal Supremo o recurso da Xunta e por tanto se confirma a obriga que a sentenza gañada no TSXG establece para a Xunta de “reconocer el derecho de estos colectivos a participar en el procedimiento de reconocimiento del grado I de carrera profesional, y condenar a la Administración a estar y pasar por tal declaración.” 

Fundaméntase a providencia na “carencia no recurso de interese casacional obxectivo para a formación de xurisprudencia.” E isto é así porque o Tribunal Supremo xa se pronunciou en innumerábeis ocasións no sentido de que a carreira profesional ten que ser universal.

A Xunta ten agora dous meses para executar a sentenza e incluír a todo o persoal que cumpra os requisitos (sexa funcionario de carreira ou persoal interino ou laboral) no ámbito subxectivo do primeiro grao extraordinario.

Aínda que algunhas compañeiras e compañeiros xa o comezachedes a cobrar (incluídos os atrasos) porque as sentenzas individuais foron mais adiantadas, este pronunciamento o fai xa con carácter xeral para quen cumpra os requisitos que xa se estableceran para o persoal funcionario de carreira.

Coas sentenzas gañadas na man, na CIG estamos dispostas/os para negociar con Función Pública as modificacións necesarias para dar este dereito a quen ata o de agora se lle negou.

E non esquecemos tampouco que a Xunta suspendeu unilateralmente o dereito ao cobro do grao II, polo que non imos admitir que se negocie unha cousa sen poñer en marcha a outra.

Que se poñan a traballar e se senten a negociar sen esgotar o prazo que nos obrigue a solicitar a execución de sentenza.

O bluff dos procesos selectivos da Xunta de Galicia

Leva ás mesas de negociación procesos que poden ter os condicionantes da lei de temporalidade, asigna conscientemente prazas erróneas aos distintos sistemas selectivos, e ademais pasa olimpicamente da promoción interna convocándoa sen fase de concurso como se fose unha oposición libre.

Na Comisión de Persoal do 30 de marzo a Xunta aprobou varios procesos selectivos polo sistema de oposición pola quenda de libre das ofertas de emprego de 2019, 2020 e 2021.

Na CIG advertimos que hai prazas das ofertas anteriores que hoxe poderían estar afectadas pola lei de temporalidade e que todas estas convocatorias poden rematar xudicializadas porque hai intereses encontrados e incluso é posible que dentro duns anos aparezan sentenzas de nulidade de ditos procesos, o cal vai ser un problema moi grave.

Un erro de principio

Dende a CIG temos sinalado que ata que non se aporten os datos de todos os postos vacantes indicando as condicións de ocupación non se pode determinar que tipo de sistema de acceso se escolle segundo o que establecen as leis. Nestes momentos coa entrada en vigor da lei de temporalidade que pode afectar a ofertas de emprego anteriores, non se pode avanzar en convocar procesos selectivos sen ver como queda o cadro final.

Función Pública envía unha listaxe de prazas chea de erros nas datas de ocupación

venres, 1 de abril de 2022

Concursos, oposicións, RPTs e máis asuntos en xuntanzas do mércores 30/03/22

 

Discutimos o concurso de traslados de estatística (en rogos e preguntas falamos dos demáis), aprobáronse 9 convocatorias de procesos selectivos e unha modificación da RPT de Amtega. Tamén se falou doutras RPTs e doutras cuestións que poden ser do teu interese.

O mércores 30 de marzo asistimos a tres xuntanzas convocadas polo director xeral de Función Pública. Foron: a Comisión de Persoal (CP), a Mesa Xeral de negociación de empregados públicos (MX) que abandonamos, e a Mesa Sectorial de Funcionarios (MSF). Engadimos algunha cousa tratada na MSF que tivemos o venres 25.

CONCURSO DE TRASLADOS DE ESTATÍSTICA

Tratouse na Mesa Sectorial de Funcionarios. É un concurso pequeno que afecta a poucos postos. Para a CIG: