Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 28 de abril de 2022

Función Pública envíanos os listados das prazas susceptíbeis de ser convocadas nos procesos de estabilización

De entrada percibimos erros e faltas, como os postos do Consorcio, Illas Atlánticas, Educación, etc. Aos listados provisionais engaden outros que poden excluír prazas dos primeiros.

A Xunta convocounos para este venres co fin de explicar este galimatías. Agardamos ter canto antes uns listados en condicións para presentar achegas.

Función Pública non autoriza a difusión e advirte que: “trátase de documentos de traballo que conteñen información de detalle sobre os servizos públicos autonómicos e os empregados públicos que prestan servicio neles, por esta razón, prégase destinar esta información exclusivamente aos fins de consulta e alegacións solicitados e evitar a súa difusión fóra dos canais que a Xunta de Galicia pon a disposición das organizacións sindicais para exercicio das súas funcións”.

ISTO É TAL CUAL O QUE ENVÍAN DENDE FUNCIÓN PÚBLICA


Buzón 1 

  • Inclúe os postos ocupados ininterrompidamente (*) e con toma de posesión con anterioridade ao 01/01/2016 (<01/01/2016).

    Figuran tanto os postos adxudicados no concurso F0219 por estaren pendentes de toma de posesión dos seu titulares, así como aqueloutros ofertados e convocados en procesos selectivos e pendentes da súa resolución definitiva.

    Total 4098 postos

Buzón 2

  • Inclúe os postos ocupados ininterrompidamente (*) e con toma de posesión entre os anos 2016 e 2017: (>=01/01/2016<01/01/2018).

    Figuran tanto os postos adxudicados no concurso F0219 por estaren pendentes de toma de posesión dos seu titulares, así como aqueloutros ofertados e convocados en procesos selectivos e pendentes da súa resolución definitiva.

    Total 206 postos

Buzón 3

  • Inclúe aqueles postos ocupados por persoal indefinido non fixo que polas súas características especiais non están incluídos nos buzóns 1 e 2.

    Total 50 postos

Nota (*). Ininterrompidamente:  A estes efectos de documentos de traballo entenderáse ata un máximo de 3 meses sen ocupación.

Entes instrumentais:

Achéganse dous arquivos excel:

  • Un arquivo relativo ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
  • Outro arquivo relativo aos restantes entes instrumentaisfundamentalmente sociedades e fundacións. Non se inclúen postos de Expoourense, Fundación Semana Verde de Galicia, Fundación Pública Artesanía de Galicia e Xesgalicia por comunicar que non teñen postos que incluír.
     

E a efectos informativos achégase outro arquivo excel que recolle as prazas convocadas e que polo tanto non poden formar parte desta oferta extraordinaria (986 prazas)

Criterios comúns empregados na elaboración dos distintos buzóns de postos:

  • Teñen que estar ocupados: a data do 30/12/2021.
  • Son postos con forma de provisión: Concurso e Concurso específico.
  • Postos das relacións de postos de traballo (RPT).
  • Postos vacantes, ocupados por persoal interino, temporal ou indefinido (SAI01.- SERVICIO ACTIVO DE INTERINOS, SAI02.- SERVICIO ACTIVO LABORAL TEMPORAL, SAI03, SAI04,  SAI05, SADI1, SADI2.- SERV.ACTIVO LABORAL INDEFINIDO NON FIXO).
  • Recolle os postos da disposición transitoria décima 1ª e 2ª parte do V Convenio Colectivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario