Dende CIG-Servizos Centrais decimos que os concursos de traslados na Xunta de Galicia son eternos, de feito en algunhas escalas só se fixo un dende que existe a Xunta de Galicia, e non falemos do concurso específico que inda nunca se convocou, e vai por o camiño de quedar nun proxecto máis das ideas da Función Pública Galega, como o da carreira administrativa horizontal.
Se falamos do concurso da administración xeral este convocase, pero con nivel de incumprimento de prazos, que nadie o entende. Cando era manual en menos de dous anos estaba convocado e resolviase en menos de un ano, e dende vai uns dez anos cando esta informatizado, convocarosen e resolveronse dous, en uns prazos medios de cinco anos por concurso, facilitando o funcionario todolos datos para a súa resolución, e pensamos que as convocatorias van a ir a peor.
Lonxe queda, pois fai mais de cinco anos, cando o director Xeral da Función Pública, e o mesmo director que esta hoxe na Función Pública Galega, prometeunos que se convocaría un concurso anual ou semestral ata que se puxera en marcha o concurso aberto permanente, dixonos aos representantes dos traballadores, que xa estaba licitado e que AMTEGA se estaba encargando da parte técnica. Seríamos unha administración pioneira nisto, en eses tempos, ahora xa non, adiantaronos outras administracións que teñen instaurado o concurso aberto e permanente como por exemplo https://www.