Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 21 de setembro de 2016

Tras 3 anos, entra en vigor a flexibilidade horaria os venres pola tarde

Ao fin, entrou en vigor a modificación da regulamentación da flexibilidade horaria que permite traballar os venres pola tarde para aqueles postos compatibles. Curiosamente, a modificación da orde publicouse no DOG un venres, 16 de setembro pero non entrou en vigor até o sábado; resultado: o venres, 23 é cando realmente entrará en funcionamento.

Casi 3 anos despois da implantación da flexibilidade horaria na Xunta, por fin é posible traballar (e que conte oficialmente) os venres pola tarde como o resto de tardes de luns a xoves; é dicir, ata as 18.30, en todo caso, ou 20.00h, se o centro permanece aberto.

Aberto o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal que traballa en centros docentes

O prazo de inscrición será de 15 días naturais comprendidos entre o 16/09/2016 e o 30/09/2016.


Mediante Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 13 de setembro de 2016, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

martes, 20 de setembro de 2016

Un tribunal da UE declara ilegal a sucesión de contratos para cubrir prazas estruturais

A CIG-Saúde demándalle ao Sergas un plan de emprego e rematar coas taxas de reposición.


Dende a chegada do PP á Xunta en 2009, converteuse en práctica habitual no Servizo Galego de Saúde (Sergas) cubrir as prazas estruturais mediante a sucesión de persoal con contratos temporais. Agora, un tribunal da UE vén de declarar que isto vulnera a normativa europea sobre o traballo de duración determinada. A resolución reforza a demanda da CIG-Saúde a respecto da necesidade de eliminar de vez a taxa de reposición, rematar coa precariedade e que o Sergas sente negociar un plan de emprego plurianual.

luns, 19 de setembro de 2016

Modificación do decreto 37/2006 de listas de substitucións

No DOG do luns 19 de setembro publicouse o novo Decreto 124/2016 que vén modificar o Decreto 37/2006 e que regula o procedemento para a provisión con carácter temporal de postos reservados tanto ao persoal funcionario (agás escalas sanitarias) como ao persoal laboral.

xoves, 15 de setembro de 2016

Comisións de Servizo dos meses de xuño, xullo e agosto de 2016

Un total de 471 comisións de servizo concedéronse ou renováronse neste período estival.


Repunte curioso (ou non tanto) das comisións de servizo en postos de subdirección xusto antes das eleccións autonómicas.

venres, 9 de setembro de 2016

Concurso de traslados dos corpos xerais: a toma de posesión será para a primeira semana de outubro

Por que se retrasa a toma de posesión do concurso de traslados?


Na Mesa Xeral do pasado luns 5 de setembro Función Pública comunica que a toma de posesión para os funcionarios da Administración Xeral que concursaron será para a primeira semana de outubro.

En anteriores novas dicían que sería para primeiros de setembro aínda que, claro está, non había data para as eleccións ao Parlamento.

luns, 5 de setembro de 2016

Feijóo devolverá o tempo perdido agardando por concursos de traslados e procesos selectivos

No mesmo acto prometeu tamén acabar co paro en 40 días, tropecentos floteis para os astilleros de Vigo e Ferrol e mesmo rematar a autovía da Costa da Morte até Fisterra.


Continuando co bo camiño, o presidente de Xunta acaba de asegurar que no vindeiro goberno creará unha "Consellaría do Tempo" ao estilo do "Ministerio del Tiempo" creado polo Goberno Rajoy para dar saída á problemática dos cronogramas na Xunta de Galiza.