Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 9 de setembro de 2016

Concurso de traslados dos corpos xerais: a toma de posesión será para a primeira semana de outubro

Por que se retrasa a toma de posesión do concurso de traslados?


Na Mesa Xeral do pasado luns 5 de setembro Función Pública comunica que a toma de posesión para os funcionarios da Administración Xeral que concursaron será para a primeira semana de outubro.

En anteriores novas dicían que sería para primeiros de setembro aínda que, claro está, non había data para as eleccións ao Parlamento.

E agora que hai data... é mellor esperar a ver os resultados xa que os coleguillas do PP están en postos de libre designación e, se perden as elección, sempre poden tomar posesión no posto do concurso e, senón, poden quedar como están. O PP sempre xogando con vantaxe!

E isto, claro está, para aqueles que teñen a sorte de ter un concurso de traslados resolto posto que outras escalas e corpos xerais así coma o persoal laboral non tiveron esa sorte de ter un.

Os grupos I, II, III e IV do persoal laboral da Xunta tiveron o seu derradeiro concurso convocado en maio do 2012 e resolto en novembro do 2012 e os do grupo V convocado en abril do 2011 e resolto en xullo do 2012. E, por tanto, incrible que levemos máis de catro anos sen concurso de traslados e que sigamos o mesmo camiño que o anterior que tardara seis anos.

Os traballadores da Xunta xa estamos fartos de ser moeda de cambio deste goberno, xogando cos nosos cartos e cos nosos postos de traballo cada vez que hai eleccións.

Máis información:

Ningún comentario:

Publicar un comentario