Despois de levar no conxelador desde xullo do 2016, retoma agora a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a "negociación" da súa Relación de Postos de Traballo (RPT). Descargar documentación.
Trae como novidade, respecto a outras RPTs, a columna de "ÁREA FUNCIONAL", motivo polo que se involucrou en maior medida o director xeral da Función Pública. O que xa non é novidade son os 23 postos de nova creación derivados de sentenzas de indefinición que condenan a Xunta por subcontratación ilegal. Estes 23 únense aos máis de 50 postos que xa foron creados por esta consellaría polo mesmo motivo. Responsabilidades?: cero.



