Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 8 de marzo de 2017

Xuntanza Función Pública 7/3/2017: procesos selectivos

O martes 7 de marzo acudimos a unha xuntanza entre sindicatos e Función Pública para tratar as bases dos procesos selectivos de Finanzas-A1-Promoción Interna da OEP 2015, e axentes de inspeccion de consumo da OEP 2014. Previamente falamos doutros procesos: persoal veterinario, delineantes, promoción interna corpos xerais e ordenanza discapacidade intelectual.

Persoal veterinario-2015: probablemente indiquen unha data anterior á constitución do tribunal para fixar as normas de dereito positivo que serían obxecto de estudo (base II.1). Están a valorar a eliminación do 3º exercicio. Previsto que entre na seguinte Mesa Xeral. 1º exercicio podería ser por outubro.

Delineantes-2015 e Axentes Facultativos Ambientais-2014: están bloqueados pola reclasificación ao grupo B que impón a Lei do Emprego Público de Galiza.

Axentes de inspección de consumo-C1-2014: a promoción interna será vertical dende C2, non aceptan que sexa separada, nin horizontal nin cruzada. Reclamamos puntuar máis a primeira proba (obxectiva) que a segunda (subxectiva) a razón de 26-14 en troques de 20-20. Poderían retirar a parte xeral do primeiro exercicio da promoción interna. Considerarán a proposta de que o suposto práctico sexa de resposta test en troques de desenvolvemento escrito. Non aceptan que exista un exame a facer en galego. Mantemos o resto das alegacións que xa presentamos. Incluirán o asunto na seguinte Mesa Xeral.

Finanzas-A1-Promoción Interna-2015: mantemos a nosa petición de permitir a promoción dende calquer corpo/escala, recíprocamente en todos os casos. Rexeitamos o modelo de oposición con todas as probas de valoración subxectiva e optamos por un modelo diferente. En especial rexeitamos o exame oral. Non aceptan que exista un exame a facer en galego. Estudarán simplificar a parte de dereito administrativo. Na fase de concurso discrepamos principalmente da valoración do traballo desenvolvido pois con esta redacción toda a puntuación aplícase ao último nivel adxudicado ainda que sexa de un só día (nos concursos de traslados, vai en función do tempo traballado en cada nivel). Irá á seguinte Mesa Xeral.

Promoción interna corpos xerais: para C1 e C2 din que hai moitas reclamacións e novamente afirman que a fase de concurso será en marzo. En A1 hai unha persoa que terá que realizar o exercicio de tradución galego-castelán. En A2 están a beremar a fase de concurso.

Ordenanza discapacidade intelectual: primeiro exercicio 8 de abril.

Posíbel Mesa Xeral para a semana que vén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario