Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 9 de marzo de 2017

Proposta de nova RPT de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: 20 novos postos derivados de subcontratación ilegal.

Despois de levar no conxelador desde xullo do 2016, retoma agora a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a "negociación" da súa Relación de Postos de Traballo (RPT).  Descargar documentación.

Trae como novidade, respecto a outras RPTs, a columna de "ÁREA FUNCIONAL", motivo polo que se involucrou en maior medida o director xeral da Función Pública. O que xa non é novidade son os 23 postos de nova creación derivados de sentenzas de indefinición que condenan a Xunta por subcontratación ilegal. Estes 23 únense aos máis de 50 postos que xa foron creados por esta consellaría polo mesmo motivo. Responsabilidades?: cero.

Na primeira reunión que tivo lugar o 7 de marzo, o director xeral da Función Pública manifesta que:
  • Incorporan as áreas funcionais (xa previstas por orde do 21/11/1989). Van sacar unha orde con acordo do consello da Xunta para poñelo en marcha.
  • Teñen case feita unha adaptación global de todas as consellerías (tan só lles restaría adaptar unha ou duas). Pasan os niveis 28 a CE ou LD. Aplican as áreas funcionais.
  • Abertos a propostas das áreas funcionais.
  • Buscan simplificar méritos e requisitos imprescindíbeis, con criterios homoxéneos. As consellerías non terían que certificar funcións.
  • As áreas funcionais afectarían a administración xeral (excluen admón. especial).

Consellería:
  • Responsabilizan a FP de non poder abrir os postos a máis de dúas escalas.
  • Tamén que FP son os responsábeis de que non haxa coherencia entre postos idénticos entre xefaturas territoriais pois estarían obrigados a adaptar os postos ás persoas que as ocupan (inclusive a quenes están en comisións de servizo).
  • Os pluses que falan nos laboratorios din que enviaron informe a semana pasada ao comité intercentros (do que non temos constancia) no que rexeitan os pluses porque xa non realizan as función. 
  • Unha vez pechada a RPT, pasariamos a falar das Illas Atlánticas.


En grandes liñas, na CIG:
  • Remitímonos ás alegacións presentadas por escrito.
  • Que supriman 11 axentes medioambientais vai ser unha desfeita.
  • Non ten sentido que centralicen a dirección dos parques naturais en servizos centrais.
  • Queremos medidas contra as persoas responsábeis das sentenzas de indefinición
  • Non ten sentido dotar os postos de metereoloxía de persoas que non sexan licenciados en físicas (e especialidade de metereoloxía). A consellería danos a razón pero di que non llo permiten.
  • Incoherente as discrepancias nas seccións e servizo de capa e pesca fluvial. Remítense aos impedimentos de Función Pública relatados anteriormente.
  • O mesmo dicimos e o mesmo respostan para as diferenzas en áreas funcionais que poñen nos departamentos de persoal nas xefaturas territoriais.
  • Equiparación pluses de laboratorio.
Admiten alegacións até o 13 de marzo con previsión de levar a proposta á Mesa Xeral esa mesma semana...

Ningún comentario:

Publicar un comentario