Lembren estes nomes: Alfonso Rueda,
Anxeles Vázquez e María Jesús Lorenzana. O tres forman o que o
outro día, na Pobra do Caramiñal, chamábase o trío da vergoña.
Rueda
parece un neno caprichoso que non sabe dar o seu brazo a torcer.
Aínda que as galegos e galegas digamos ALTRI NON e MINA DE TOURO
NON, por miles, por centos de miles, el fai oídos xordos e sigue
enrabietado. As outra dúas, Ánxeles e María Jesús, son coma as
familiares compracentes que lle rin as gracias ao neno caprichoso.
Todo
isto estaría moi ben e sería moi divertido se nas mans dese home e
desas mulleres, non estivera o futuro da Galicia. Un futuro que está
comprometido por un empeño que ninguén entende, nin sequera os/as
seus/súas compañeiros/as do PP. O que escribe tivo a oportunidade
de falar con moitos, pero, aínda que comprenden e están de acordo
coas persoas que loitamos contra ALTRI e a MINA DE TOURO, ninguén o
di en alto, aínda que vin a varios/as deles/as na manifestación.
O
trío da vergoña escúdase en que tivo maioría nas pasadas elección
xerais.
Pero
señor Rueda, señora Vázquez, señora Lorenzana, ter maioría non
significa facer o que lle dea a gana. Cando votou, a xente non
coñecía este proxecto destrutor, non sabía a que viña encima,
todos e todas ignorábamos de que se trataba. Ademais, non pode
impoñernos un modelo destrutivo e neocolonial que irá moito máis
aló dos catro anos do seu mandato.