Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 28 de outubro de 2015

Promoción interna Xunta: 2015 persoas competirán por un máximo de 320 prazas

Non era sen tempo, aparecen ao fin no DOG do 28 de outubro as 4 resolucións polas que se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos de promoción interna de persoal funcionario de corpos xerais.

Estas prazas convocadas en xuño deste ano arrastran unha demora máis que evidente por mór da acumulación das ofertas de emprego público de 2009, 2011 e 2012. Tralo atraso na covocatoria saltou a polémica polo cambio de modelo respecto das últimas convocatorias sen xustificación razonable algunha.

Cuestións que fican no aire son: a interpretación que vai dar Función Pública ás novas lei de procedemento e réxime xurídico con razón ao temario das convocatorias e se respectarán as previsións de marzo-abril para o primeiro exame.

Delegados e delegadas de Política Social queiman a lei que deteriora o seu traballo e anuncian mobilizacións


A cita foi martes, 27 de outubro, no Rexistro de San Caetano, onde os 4 comités de empresa da nova consellaría de Política Social citaron aos medios para dar a coñecer as mobilizacións con relación á precarización da súa situación laboral. Posteriormente, as cinzas metéronas nun sobre e dirixíronllas ao novo conselleiro, Rey Varela, xunto cunha carta coas súas reivindicacións.

As traballadoras e traballadores destes centros alí presentes readuciron a cinzas la Lei 1/2012 de medidas temporais en determinadas materias de emprego público, normativa que supuxo o deterioro da súa calidade de traballo e de atención ás persoas demandantes dos servizos sociais públicos. Esta lei ten suspendidos, entre outros, o artigo 19 do Convenio colectivo da Xunta que regulamentaba o descanso deste persoal en domingos e festivos.

Está afectado todo o persoal laboral que traballa a quendas en centros públicos de residencias de maiores, centros sociocomunitarios, centros de menores e centros de atención a persoas con discapacidades.

martes, 27 de outubro de 2015

Algo se move na Función Pública: borrador de modificación de Decreto de listas e concurso de Estatística

Algo e pouco, de todo o que hai en cola, en realidade. O venres denuciábamos, por terceira vez, este feito e o luns, contra a 13:00h, recibíamos de parte do director xeral de Función Pública os seguintes documentos referidos á modificación do Decreto de listas e ao concurso do persoal da Escala de Estatística. Dan de prazo ata o día 6 de novembro para facer alegacións (que logo xa farán caso das que estimen convenientes).

luns, 26 de outubro de 2015

Concentracións contra a violencia machista: 26 de outubro ás 20 horas

A CIG fai un chamamento a participar nas concentracións convocadas polo feminismo galego para este luns, día 26 de outubro, ás 20:00 horas, baixo o lema “Xuntas remataremos co Patriarcado criminal!” en repulsa ao asasinato machista dunha muller en Pontesampaio, a sétima asasinada, pero a oitava vítima da violencia machista este ano en Galiza. Un crime que ven de sumarse a outros tres asasinatos en apenas 48 horas no estado español.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

 Lugares das concentracións do 26 de outubro, ás 20 horas:

Proxecto de lei de Orzamentos e proxecto de lei de acompañamento: do que dicían ao que puxeron por escrito para o persoal público

Na Mesa Xeral do 16 de outubro na que presentaron os Orzamentos 2016 para o persoal público, en reunións previas, así como roldas de prensa, foron anunciadas varias promesas de recuperación dos nosos dereitos. A intención real de tanta promesa podémola comprobar por escrito no texto do proxecto de lei de orzamentos así como na súa lei de acompañamento para o ano que vén. 

Pagas extras completas


Desde o 2013 levamos coas pagas extras sen complemento específico ou parte equivalente para o persoal laboral (a diferenza do resto do persoal público doutras Administracións). Pois ben, o ano pasado o anuncio por excelencia durante a elaboración do proxecto de Orzamentos para 2015 era o cronograma da recuperación das pagas extras completas que falaba de comezar a cobrar un 33% deste complemento nas dúas pagas extras a partir do 2016.

Últimas prazas para os cursos do Plan de Formación Interadministrativo 2015

Aínda quedan prazas libres en varios cursos do Plan de Formación Interadministrativoo 2015 do forGa. Trátase de formación dirixida a persoal laboral, funcionario e estatutario en activo das Administracións Públicas (Ensino, Saúde e Administración).

Preme na ligazón para solicitar a túa praza e/ou consultar a oferta dos cursos que che interesen. Quedan prazas en diversos cursos presenciais en Ferrol, Ourense, Vigo ou Pontevedra.

Mobilizacións do persoal laboral de Política Social polo dereito a descansar domingos e festivos

Pica na imaxe para descargar o cartaz
Achegamos cartaz das mobilizacións preparadas polos comités de empresa da nova Consellaría de Política Social (antigo Benestar). Estas mobilizacións enmárcanse nas demandas de recuperación do suspendido artigo 19 do Convenio Colectivo (dereito a descanso e compensacións por traballar en domingos e festivos) e a derrogación da lei de medidas (parte da cal segue prorrogada, parte da cal xa se incorporou como permanente na lei de emprego público).