Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 27 de outubro de 2015

Algo se move na Función Pública: borrador de modificación de Decreto de listas e concurso de Estatística

Algo e pouco, de todo o que hai en cola, en realidade. O venres denuciábamos, por terceira vez, este feito e o luns, contra a 13:00h, recibíamos de parte do director xeral de Función Pública os seguintes documentos referidos á modificación do Decreto de listas e ao concurso do persoal da Escala de Estatística. Dan de prazo ata o día 6 de novembro para facer alegacións (que logo xa farán caso das que estimen convenientes).

Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Descargar borrador 26/10/2015

En principio falaban dun novo decreto pero ao final limítanse a facer unha modificación de temas puntuais no decreto vello (composición da Comisión Permanente, modificación de ámbitos e datos persoais, suspensión de chamamentos, situación nas listas e penalizacións). Agardamos que lle dean algo máis de uso a este decreto do que nestes últimos anos ou do que prevén facer no ano 2016.

Bases da convocatoria de concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatística e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos. En breve os postos, que non serán moitos dado o pequeno desta escala.
Descargar borrador 26/10/2015

Ningún comentario:

Publicar un comentario