Mira que o temos denunciado, pero por activa e por pasiva a Administración négase a regular esta maneira caciquil de prover temporalmente os postos. Di a Lei do Emprego Público de Galicia que a provisión por comisión de servizos deberá ser algo excepcional pero os datos din o contrario.
Sindicato Nacionalista de Clase
mércores, 30 de novembro de 2016
Servizos privatizados: máis caros e precarios. Exemplo da xestión da nave de libros do Tambre por EULEN.
No DOG do 29 de novembro anúnciase a contratación do servizo de xestión dos fondos bibliográficos da nave que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universiatria ten no Polígono do Tambre en Compostela.
O caso é que se van a gastar 180.000 euros (en tres anos) para empaquetar libros que enviarán aos centros escolares e culturais do país. No prego de prescripcións técnicas solicítase que para este contrato un posto de mozo/a de almacén, amáis dun seguro de responsabilidade civil e unhas traspaletas. O mozo ou moza de almacén vai estar ben pagado porque ata os 60.000 euros/ano ten que valer moito o seguro e a traspaleta.
A realidade é que estamos ante outro contrato montado para a empresa Eulen (que leva coa adxudicación do servizo desde 2012) para darlle uns cartiños cunha grande marxe de beneficio. E sabedes quen figura de apoderada na dita empresa?: a irmá de Feijóo
Volven as Mesas Xerais: retribucións 2017 e oposicións
O xoves 1 de decembro está convocada a Mesa Xeral de Negociación de Empregados/as Públicos/as onde se van tratar: as bases dos procesos selectivos para ingreso nas escalas superior de finanzas (A1), técnica de finanzas (A2) e axentes de gardacostas (C1); tamén se vai discutir o anteproxecto relativo á masa salarial do capítulo I do proxecto de lei de orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2017.
Respecto os orzamentos do 2017, dicir que nestes momentos descoñecemos a proposta da Administración, pois xunto á convocatoria da Mesa Xeral non achegaron ningún documento. Esto é todo un síntoma do nulo interese por negociar e chegar a un acordo. Só temos declaracións na prensa de cargos políticos falando de que se suba do 1%, que se recuperaremos o complemento específico nas extras en 2017...
Respecto os orzamentos do 2017, dicir que nestes momentos descoñecemos a proposta da Administración, pois xunto á convocatoria da Mesa Xeral non achegaron ningún documento. Esto é todo un síntoma do nulo interese por negociar e chegar a un acordo. Só temos declaracións na prensa de cargos políticos falando de que se suba do 1%, que se recuperaremos o complemento específico nas extras en 2017...
venres, 25 de novembro de 2016
Aclaracións á sentenza da exención do IRPF na prestación de maternidade
Con relación á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (810/2016 de 6 de xullo, sala contencioso-administrativo) que declara a PRESTACIÓN POR MATERNIDADE QUE ABONA A SEGURIDADE SOCIAL COMO EXENTA DO IRPF, o cal vai en contra do criterio seguido pola Axencia Tributaria, tras revisar o asunto coa nosa Asesoría Xurídica, esta é a información xeral da que dispoñemos:
xoves, 24 de novembro de 2016
25 de novembro, COMBATENDO A VIOLENCIA MACHISTA
Desde a Confederación Intersindical Galega facemos un chamamento a participar nos actos e mobilizacións convocados arredor do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres.
A CIG convoca unha manifestación nacional que partirá ás 12:00 horas desde o edificio CERSIA (situado fronte á segunda entrada do Estadio de San Lázaro, preto do edificio sindical, en Compostela) até o edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano, porque simboliza a nosa resposta ante os recortes e a pasividade do goberno fronte a violencia machista.
A CIG presenta conflito colectivo para reclamar os días 24 e 31 de decembro do persoal laboral de Política Social
A Resolución do 24 de febreiro de 2016 da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas (DOG n.º 44, do 4 de marzo 2016), establece na súa instrución 14.4 o dereito a dous días adicionais de asuntos particulares cando os días 24 e 31 de decembro coincidan en sábado ou domingo.
A Consellería de Política Social interpreta a súa maneira esta resolución e denega ao persoal dos seus centros os dous días adicionais de asuntos particulares que se conceden ao resto do persoal da Xunta de Galiza. Así, a Subdirección Xeral de Persoal da Consellería de Política Social enviou, a través das xefaturas territoriais, a seguinte nota de rexime interior:
Solicitude de reunión coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Homologación salarial do persoal laboral informático. concurso de traslado, días de teletraballo, centros de destino na RPT e as esaxeradas privatizacións serían os temas a tratar.
A CIG solicitou unha entrevista urxente coa xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para tratar a homologación salarial do persoal laboral informático. Esta situación, que se remonta ao ano 1993, foi exposta reiteradamente pola representación da CIG en varias reunións coa AMTEGA e da Xunta, sen que até o momento as persoas responsábeis teñan convocado unha reunión para chegar a unha solución.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



