Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 30 de xaneiro de 2018

A Xunta represalía ao seu persoal de Xustiza suspendéndolle as vacacións e días de asuntos propios xa concedidos

Xa está presentada denuncia no Xulgado de garda contra a medida


Esta mesma mañá, a Dirección Xeral de Xustiza emitía unha instrución revogando os días de asuntos propios e vacacións xa concedidas para o mes de febreiro, ao tempo que informaba de que non se concederá ningún permiso durante ese mes. A decisión da Consellaría prodúcese tras a exitosa xornada de folga do pasado xoves, secundada por máis do 90% do persoal da administración de xustiza, e diante da perspectiva dunha folga indefinida a partir do día 7.

A Xunta defende prescindir de limpadores e subalternos para "solucionar o transporte en Galicia"

Esa é a resposta oficial da Consellaría de Infraestruturas e Vivenda á nosa denuncia sobre a nova subdirección de tan só 4 postos que pretenden crear en RPT e pola que lle preguntou Galicia Confidencial.

Na nosa denuncia inicial (que tamén recolleu o mesmo medio) criticábamos a inversión xeneralizada da pirámide dos recursos humanos na Xunta de Galiza e a falta de racionalización nas estruturas que logo compensan con recortes nas RPTs por abaixo; eliminan postos base que se cubren por concurso para crear postos altos que se cubren por libre designación. E o que eliminan como prestación directa, acaba sendo subcontratado. Nada criticábamos de que for unha subirección dun só posto, como se defende a consellaría; de feito xa decíamos nós que eran só 4, número que nos parece moi pequeno para crear unha subdirección.

luns, 29 de xaneiro de 2018

A Administración Xeral do Estado convoca 4.725 prazas correspondentes á OPE 2017

O prazo para presentar solicitudes é de 20 días habiles e remata o 26 de febreiro.



No BOE do 29/01/2018 publícanse varias convocatorias de emprego público da Administración Xeral do Estado (AXE). A máis chamativa resulta a macroconvocatoria para diversos corpos xerais e de informática cun total de 4.725 prazas; destas 2.180 son para acceso libre e o 2.545 para promoción interna.

mércores, 24 de xaneiro de 2018

"O Laboral" - Xaneiro 2018: Recuperar os dereitos roubados

https://drive.google.com/file/d/0B1evwCG_jwK2cWFkd1A3Y294ZHZRR3kyTE53Unc5X2JoZUJN/view
Fai click para descarga
Xa está dispoñible para descarga electrónica o boletín sindical da CIG "O Laboral" destinado ao persoal laboral da Xunta de Galiza que editaron as compañeiras e compañeiros de Ourense.

Neste número:
  • A CIG propón un acordo para recuperar os dereitos roubados
  • Resumo da xutanza entre o Comité Intercentros e a Dirección Xeral de Función Pública do 16 de xaneiro - valoración da xuntaza
  • Política Social vólvese rir do seu persoal
  • A Xunta néganos o dereito á promoción interna
  • Un cuarto do noso salario despareceu en 7 anos


venres, 19 de xaneiro de 2018

Financiar postos de libre designación coa eliminación de postos base: a subdirección de 4 postos

A Consellaría de Infraestruturas e Vivenda vén de remitirnos unha serie de documentación de modificación da súa RPT como consecuencia da publicación da modificación do seu Decreto de estrutura. Entre esta documentación está unha memoria complementaria, unha táboa de equivalencias  e uns acordos de transferencia de peresoal que non deixan contento a todo o mundo. Descargar documentación.

Resulta chamativo na memoria complementaria que para crear un posto de subdirección e outro de xefatura de servizo amorticen... outra subdirección e outra xefatura de servizo?? Pois non, amortizan un posto de limpador/a, un de subalterno/a e outro de legoeiro/a para financiar o posto de subdirección. Polo menos, o servizo creado financianno a través da amortización doutro servizo. Xa sabedes, a famosa estabilidade orzamentaria...

xoves, 18 de xaneiro de 2018

Arquivan a denuncia da CIG malia recoñecer ilegalidade na xestión dos helicópteros de incendios

Limita as posíbeis responsabilidades unicamente ao ámbito administrativo


O titular do Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago de Compostela vén de arquivar provisionalmente a causa aberta a raíz da denuncia que a CIG-Administración Autonómica presentou na Fiscalía no ano 2012 pola adxudicación a dedo da contratación do servizo de helicópteros e brigadas as empresas Inaer e Natutecnia, respectivamente. Para o sector estamos diante dun "exercicio de surrealismo xudicial" xa que esta denuncia foi refrendada polas irregularidades que o Consello de Contas detectou nese e noutros contratos nos que o denominador común é a presencia en todos eles de Inaer.

Resumo da xuntanza do Comité Intercentros coa Dirección Xeral da Función Pública: 16/01/2018

Tras varias solicitudes do Comité Intercentros, o día 16 de xaneiro a DXFP convoca a unha xuntanza informativa ao máximo órgano de representación do persoal laboral na Xunta de Galicia, na que se trataron os seguintes temas: concurso de traslados, proceso de estabilización, xubilación parcial, adscricións temporais, postos en incapacidade permanente total, entre outros.