Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 22 de maio de 2019

Convocatoria de asembleas: concursos de traslados

Nestas semanas son moitas as persoas que nos preguntades que pasa co concurso de traslados, algo que vén xa de lonxe na Xunta de Galiza, de lonxe polo que respecta á Administración xeral pois nos consta que en Ensino levan outro ritmo. A inquedanza e o malestar aumentou desde a publicación da CIG da seguinte nota e a situación está chegando a ser insostíbel polo que vemos necesario a convocatoria de asembleas por este motivo.

A primeira asemblea terá lugar este venres, 24 de maio, ás 9:00 h no Salón 2 de San Caetano. Nela abordaremos a situación actual dos concursos e as accións a levar a cabo na lexítima defensa do noso dereito de progresión profesional, mobilidade e conciliación familiar.

Publicadas as axudas para traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de crianzas

A Secretaría das Mulleres da CIG informa que no DOG deste mércores, 22 de maio, sae publicada a convocatoria de axudas para as persoas traballadoras e as familias monoparentais que, entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019, ambos incluídos, estean unha situación de redución da súa xornada laboral para o coidado das crianzas. Estas axudas teñen como obxecto a conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade. 


martes, 21 de maio de 2019

Elexido o presidente e secretario da Xunta de Persoal a favor da CIG por unanimidade

Resultaron elexidos como presidente e secretario, respectivamente, os nosos compañeiros Toño e Fulgencio


O 20 de maio quedou constituído o órgano de representación do persoal do centro con máis traballadores e traballadoras da comarca de Santiago. Por vez primeira na Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, os cargos de secretario e presidente recaeron por unanimidade nas únicas propostas presentadas: as da CIG. Na sesión constitutiva do Pleno, ademais da presentación, elexironse os cargos da Presidencia e Secretaría, tratouse o tema do novo regulamento e comentouse o funcionamento de cara os vindeiros 4 anos.

Cómpre descatar o ámbiente de cordialidade e o mantemento no cargo do presidente da anterior Xunta de Persoal, Toño Fernández (Cultura). Pola súa parte, a CIG leva tamén o cargo do secretario que recae en Fulgencio Fernández (Amtega). Compañeiros de sobra coñecidos entre o persoal funcionario dos Servizos Centrais pola súa dilatada traxectoria no traballo sindical.

Pepe Gotera e Otilio: unha chapuza eleitoral

Pepe Gotera e Otilio chapuzas a domicilio
Agora co paso do tempo e coa debida tranquilidade, podemos analizar o que pasou no proceso eleitoral do persoal funcionario en servizos centrais. O caso é que a actitude e responsabilidade do subdirector xeral de réxime xurídico da Dirección Xeral da Función Pública deixou moito que desexar en canto a facilitar o execicio do dereito nas votacións e fomentar a participación.

Xa dende un primeiro momento houbo bastantes dúbidas e problemática de onde se ían colocar as mesas, ou se habería ou non buses para o persoal pero todo se precipitou a semana das eleccións e o mesmo día eleitoral. Fallos clamorosos foron:

luns, 20 de maio de 2019

A Xunta de Galiza paraliza os concursos de traslados do seu persoal con fins políticas

Un total de 5.788 resolucións  de comisións de servizo "extraordinarias" na Xunta desde o último concurso


O último gran concurso de traslados na Xunta convocouse o 20 de maio de 2015 e abriuse o prazo de toma de posesión o 27 de setembro de 2016. Esa era a convocatoria para o persoal de corpos xerais; o máis abundante na Xunta das algo máis de 8.000 funcionarias e funcionarios da Administración xeral.

Peor o teñen o persoal laboral ou o resto de persoal funcionario de corpos especiais ou escalas, onde temos as últimas convocatorias dende o ano 2012 para atrás. Igual que no caso anterior, dende a convocatoria até a efectiva toma de posesión pasa ao redor de un ano e medio; algo xa de por si inadmisíbel nunha administración moderna do século XXI.

xoves, 16 de maio de 2019

Manifestate en defensa do galego o 17 de maio

A plataforma cidadá Queremos Galego, da que a CIG fai parte, sae á rúa o venres 17 de maio, Día das Letras, para esixir “liberdade, igualdade e xustiza para o galego". 

Baixo o lema “Máis que nunca, Queremos Galego”, o colectivo convoca actos reivindicativos en varias vilas e cidades ás 12 da mañá:

martes, 14 de maio de 2019

Para cando os segundos exames da promoción interna? E no resto de procesos?

A CIG trasladoulle estas preguntas ao director xeral de Función Pública.

Centos de compañeiras e compañeiros que concorren á promoción interna non saben a día de hoxe cando se celebrarán os segundos exercicios deses procesos selectivos. Nen sequera unha data aproximada.

Tendo en conta que agora comeza un período vacacional, e co fin de conciliar a vida laboral e familiar, saber si se celebrarán as probas no verán, antes ou despois, parece de sentido común, e non parece correcto que, a diferenza doutras Administracións as persoas funcionarias da Xunta que concorren a estes procesos non saiban se se van poder desprazar durante o período vacacional, se collen antes ou despois as vacacións para aproveitalas como período de estudo, ou simplemente como van xestionar o seu tempo en función dunha data que todos/as deberíamos coñecer xa.