xoves, 16 de maio de 2019

Manifestate en defensa do galego o 17 de maio

A plataforma cidadá Queremos Galego, da que a CIG fai parte, sae á rúa o venres 17 de maio, Día das Letras, para esixir “liberdade, igualdade e xustiza para o galego". 

Baixo o lema “Máis que nunca, Queremos Galego”, o colectivo convoca actos reivindicativos en varias vilas e cidades ás 12 da mañá:

  • A Coruña Praza de Galiza
  • Santiago de Compostela Alameda
  • Ferrol Praza Vella
  • Carballo Praza do concello
  • Lugo Praza Maior
  • Burela Praza da Mariña
  • Monforte Praza de España
  • Ourense Praza do Ferro
  • Pontevedra Praza da Peregrina
  • Vigo Manifestación con saída desde o cruzamento da Vía Norte coa Rúa Urzáiz.
  • A Estrada Praza do mercado
  • Cangas: Praza do concello
  • Lalín: Praza da igrexa
Acude ás mobilizacións.  Máis que nunca, Queremos Galego!

Ningún comentario:

Publicar un comentario