Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 7 de xullo de 2016

Actualización defintiva de méritos nas listas de substitución (agora a tirar delas)

No DOG do 7 de xullo publican a resolución de actualización definitiva de méritos para a cobertura temporal de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza consonte ao Decreto 37/2006. As listas que se actualizan son as que aparecen no anexo I e II da dita resolución; a puntuación total correspondente aos integrantes das listas pode consultarse na páxina web de Función Pública.

Agora só falta que tiren delas e comecen por empezar a cubrir vacantes, baixas e, con carácter xeral, calquera permiso relacionado coa conciliación da vida familiar e laboral. En beneficio dos servizos públicos e polo ben da persoas anotadas que pagan 16,98 € por apuntarse en cada lista coa espectativa de traballar algún día sen saír do seu país.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario