xoves, 7 de xullo de 2016

Publicado o calendario laboral galego para o 2017

No 2017, ao caer o 24 e 31 de decembro en domingo,  volverá haber dous días moscosos adicionais.

Xa informado en maio no Consello da Xunta publícase hoxe no DOG do 7 de xullo as festas no noso país para incluír no calendario laboral oficial do 2017. A novidade para o ano será que se volverá incluir como festivo propio o 17 de maio (Día das Letras galegas), desta volta en sustitución do 1 de xaneiro que caerá en domingo. Pola contra, o San Xoán (24 de xuño) o vindeiro ano non será festivo autonómico.

A estas festas, haberá que engadir tamén dúas festas locais,  retribuídas e non recuperables, que soen publicarse ao redor do mes de outubro/novembro nos boletíns oficiais da provincia e así mesmo no Diario Oficial de Galicia.

A maiores, cómpre destacar que o persoal da Xunta, en virtude das Instrucións de permisos, vacacións e licenzas, no 2017 teremos dous días adicionais de asuntos particulares, ao caer o 24 e 31 de decembro en domingo.

Estes serán os festivos en Galiza no 2017:
  • 6 de xaneiro: Día de Reis
  • 13 de abril: Xoves Santo
  • 14 de abril: Venres Santo
  • 1 de maio: Festa do Traballo
  • 17 de maio: Día das Letras Galegas
  • 25 de xullo: Día Nacional de Galicia
  • 15 de agosto: A Asunción
  • 12 de outubro: Día da Hispanidade
  • 1 de novembro: Todos os Santos
  • 6 de decembro: Día da Constitución
  • 8 de decembro: A Inmaculada
  • 25 de decembro: Nadal
  *en negriña aqueles festivos considerados propios galegos.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario